Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2014

Un clásico universal da literatura de aventuras: «A illa misteriosa», de Jules Verne. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela A illa misteriosa de Jules Verne.

Moi recomendable: «Corredores de sombra», de Agustín Fernández Paz, en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz.    Corredores de sombra A miña Mariña pasa a ser colaboradora deste blogue posto que xa non é a miña alumna, aínda que sempre será a miña nena. Botamos de menos a Carme, a quen agardamos en calquera momento, e deitamos arestora a lectura de Mariña que, ao mesmo tempo, manda un efusivo agradecemento a Agustín Fernández Paz.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Chovida do ceo», de Alfredo Conde

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica da novela Chovida do ceo de Alfredo Conde.     Cando se escribe por obrigación Esta novela policial de Alfredo Conde dános a sensación de que o escritor a redactou porque tiña que publicar algo.

Engaiolante novela: «A viaxe de Gagarin», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz.

Pensamento crítico: «Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo», de Xesús Alonso Montero. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, de Xesús Alonso Montero.   «PEDRO PETOUTO. TRABALLOS E CAVILACIÓNS DUN MESTRE SUBVERSIVO» [  XESÚS ALONSO MONTERO ] Pedro Petouto fala libremente Devorei este libro hai xa anos, nalgunha das súas edicións de Akal.

Premios á conciencia crítica: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo e«Isóbaras», de Gustavo Pernas Cora. Crítica de Areta González Bolado

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Areta González Bolado sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, e Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012,   Premio á conciencia crítica A CEGUEIRA MARCOS ABALDE COVELO  ISÓBARAS GUSTAVO PERNAS CORA Os dous últimos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, A cegueira, de Marcos Abalde (2011)

Unha novela que produce inquedanza: «Aire negro», de Agustín Fernández Paz

A revista Peonza, que dedicou o seu último número ao estudo da obra de Agustín Fernández Paz, contén unha recensión de Aire negro que se pode ler ou descargar en pdf neste enlace.

Personaxes que quedan gravados na memoria coma unha tatuaxe: «Os televisores estrábicos» de Ramón Vilar Landeira. Artigo de Vicente de Lema

A edición de Carballo de La Voz de Galicia publicou unha recensión crítica de Vicente de Lema sobre o libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira.   Grandil é nome de pobo Grandil é unha especie de Macondo situado a cabalo do Anllóns. Debe estar a medio camiño entre as bisbarras de Bergantiños e Ordes.

O tempo de espertar o mundo: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Natàlia Oriol Fuguet

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Natàlia Oriol Fuguet sobre Presente continuo, o poemario de María Reimóndez.     O tempo de espertar o mundo Non é novo para as lectoras e os lectores de María Reimóndez identificar na súa obra o compromiso e a crítica social e cultural —pensamos, por exemplo, no seu poemario Moda galega (2002), reeditado por Edicións Positivas (2014).

Unha reflexión sobre os sistemas do poder: «Recinto gris», de Ledicia Costas. Crítica de Alba Rozas

Alba Rozas Arceo publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Recinto Gris, de Ledicia Costas.

Unha reflexión sobre a estrutura narrativa: «Liña azul», de David Pobra. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso  publicou no seu blog unha recensión crítica da novela Liña azul, de David Pobra.

«Ámote Leo A. Terminal de chegadas» en Xuvenil; «A viaxe de Gagarin», en Narrativa; e «dun lago escuro» en Poesía encabezan os libros máis vendidos en xuño

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de xuño de 2014 a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, en Xuvenil; A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, en Narrativa;  e dun lago escuro, de Marta Dacosta, en Poesía; encabezan os listados dos libros máis vendidos.