Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2014

Xurxo Souto: «Coñecendo o mar de Irlanda, acabamos coñecéndonos mellor a nós mesmos»

Vivir na Coruña publicou unha entrevista a Xurxo Souto sobre Contos do mar de Irlanda.   Xurxo Souto: «Coñecendo o mar de Irlanda, acabamos coñecéndonos mellor a nós mesmos» Xurxo Souto presenta na Feira do Libro e da Banda Deseñada o seu novo libro: Contos do mar de Irlanda, historias de alá para entender mellor o de aquí.

‘Espléndida desolación’: «A viaxe de Gagarin», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou en Praza Pública unha recensión crítica sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz.

Un libro intelixente e cheo de forza: «Kid Salvaxe», de Carlos Reigosa. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou no Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Kid Salvaxe, de Carlos Reigosa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación en Compostela de “55″ de Xavier Queipo

O martes, 2 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro 55 de Xavier Queipo. No acto participarán Agustín Agra, Xavier Queipo e Manuel Bragado.

Actos de Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Do xoves, 28 ao domingo, 31 de agosto, terá lugar a Praza dos Libros de Carballo na que Xerais ten organizadas as seguintes presentacións: Domingo, 31 de agosto, ás 12:30 horas, Xurxo Souto presenta o seu libro Contos do mar de Irlanda. Domingo, 31 de agosto, ás 20:30 horas, Ramón Vilar Landeira, presenta o seu libro Os televisores estrábicos.

Un verán cheo de libros

O verán foi moi activo para os libros de Xerais.