Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2014

Chegaron os «Formig4s», unha serie para lectores/as preadolescentes

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os primeiros exemplares da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.

Conmover desde a cotidianidade: «Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

Pedro Feijoo estará en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, coa súa novela «A memoria da choiva»

Pedro Feijoo estará en o martes 7 de oututuro ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar e intercambiar impresións sobre a súa novela A memoria da choiva.

Booktráiler de «Silencio», a nova novela de Fran Alonso na colección Fóra de Xogo

Booktráiler da novela Silencio, de Fran Alonso, que se publicou na colección Fóra de Xogo, realizado polo propio autor.

Calidade literaria e valor histórico para explicar o mar: «Contos do mar de Irlanda», de Xurxo Souto. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.   Narrativa épico-etnográfica Xurxo Souto reúne neste volume un bo feixe de relatos curtos que nos presentan a vida cotiá dos mariñeiros galegos no Gran Sol.

Presentación de “Conciencia política e literatura galega en Madrid” de Ana Acuña en Marín

O venres, 3 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación do libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) de Ana Acuña.

Xavier Queipo: «Sempre procurei a experimentación, na vida persoal e na literatura»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista a Xavier Queipo sobre seu libro 55.     Xavier Queipo: “Sempre procurei a experimentación, na vida persoal e na literatura” Cando Xavier Queipo (Santiago, 1957) fixo os 55 anos, decidiu recuperar unha serie de textos curtos que non tiveran unha publicación definitiva. Froito dese traballo, un ano despois publica 55 (Xerais), o seu máis novo traballo.

Unha road movie á galega: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Zapatillas rotas, de Xavier Quiroga.   Zapatillas rotas Relín durante a fin de semana a versión editada de Zapatillas rotas, a quinta novela de Xabier Quiroga.

Presentación de “dun lago escuro” de Marta Dacosta en Santiago

O venres, 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro de Marta Dacosta. No acto participarán Berta Dávila e Marta Dacosta.

As excelentes críticas británicas sobre «Todo é silencio» de Manuel Rivas

A novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, colleitou na súa tradución ao inglés (All Is Silence) unha bo feixe de críticas que remarcan a excelencia da novela. Todo é silencio será lanzada en breve en Francia. Reproducimos pequenos fragmentos desas críticas cos seus enlaces.

Estrutura cinematográfica nunha novela total: «Zapatillas rotas«, de Xabier Quiroga. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.

Un cadáver na Quintana: «Chovida do ceo», de Alfredo Conde. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Chovida do ceo de Alfredo Conde.