Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2014

Xavier Queipo: «A min o que me gusta é escribir contos»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista o pasado xoves de Ana Romaní a Xavier Queipo sobre 55.

«Dúas bágoas por Máquina» lido pola súa autora: Fina Casalderrey. Vídeo de Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou un vídeo sobre Dúas bágoas por Máquina, de Fina Casalderrey, dentro da serie de escritores e escritoras lendo os seus propios textos en compaña de lectores e lectoras.

Homenaxe a Xela Arias mañá sábado en Sarria

A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) organiza unha homenaxe a Xela Arias en Sarria para mañá sábado 6 de setembro, ás 12 horas, en Vilerma.     A Vilerma (Maside, concello de Sarria): Homenaxe da AELG a Xela Arias O pasado ano 2013 cumpríronse 10 anos do pasamento da poeta Xela Arias.

«Dragal» lido pola súa autora: Elena Gallego Abad. Vídeo de Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou un vídeo sobre Dragal, de Elena Gallego, dentro da serie de escritores e escritoras lendo os seus propios textos en compaña de lectores e lectoras.

Reportaxe de Montse Dopico sobre os novos enfoques da normalización lingüística a partir de «Contra a morte das linguas», de Miguel Moreira

A xornalista Montse Dopico publicou no «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha reportaxe sobre os novos enfoques da normalización lingüística centrada no libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

Finalistas de Xerais na XI edición do Premio Frei Martín Sarmiento

Publicamos o listado de libros de Xerais que resultaron finalistas en distintas categorías da XI edición do Premio Frei Martín Sarmiento. Trátase dun premio que é outorgado a través da votación dos propios estudantes galegos.

«O país adormentado» lido polo seu autor: Xabier P. DoCampo. Vídeo de Trafengando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou un vídeo sobre O país adormentado, de Xabier P. DoCampo, o primeiro dunha serie de escritores e escritoras lendo os seus propios textos en compaña de lectores e lectoras.

Protagonistas femininas na obra de María Reimóndez. Artigo de Eli Ríos

A escritora Eli Ríos publicou en Sermos Galiza un artigo sobre a obra de María Reimóndez.     Actualidade e literatura. Protagonistas femininas na obra de María Reimóndez Leo, nunha revista, que a xornalista Jenny Nordberg publicará en setembro o seu libro The Underground Girls of Kabul (Random House). Trátase dunha crónica sobre as Bacha Posh, mulleres que, tanto en Afganistán como en Pakistán, se visten de homes.

«Contos do mar de Irlanda», de Xurxo Souto, o libro máis vendido en Narrativa durante o verán, xunto con «Terminal de… chegadas?», de Rosa Aneiros, en Xuvenil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o verán (do 1 de xullo ao 31 de agosto) a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto é o libro máis vendido no  ámbito da Narrativa en Galicia e Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, en Xuvenil.

Unha lectura moi acaída: «Terminal de…chegadas?», de Rosa Aneiros. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre  Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, o terceiro e derradeiro volume da triloxía Ámote Leo A.   Interese en aumento Sae agora o terceiro volume da serie Ámote Leo A. Temos que confesar que segundo fomos avanzando na lectura destas tres entregas, imos quedando máis enguedellados na viaxe de Leo.

Celso Emilio Ferreiro, o poeta vivo

O pasado 30 de agosto tivo lugar o triséximo quinto cabodano de Celso Emilio Ferreiro, un autor imprescindible para comprender o divir das literatura galega hoxe. Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación en Brétemas onde daba conta do derradeiro día do escritor. A súa actividade literaria estivo sempre marcada polo compromiso co país.

Presentación en Vigo de “55″ de Xavier Queipo

O xoves, 4 de setembro, ás 20:30 horas, na librería Andel, Avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación do libro 55 de Xavier Queipo. No acto participarán Xina Vega, Fran Alonso e Xavier Queipo.