Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2014

Xabier Queipo: «En ’55′ están as características máis sobranceiras da miña obra literaria»

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal a Xavier Queipo que xira en torno a 55.

Presentación en Vigo de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O venres, 31 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Andel, Avda. Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación de Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela, 2014. No acto, organizado pola librería Andel e Xerais e programado nas actividades Os venres nas librerías, participarán Carme Vidal, Fran Alonso e a autora.

Literatura como ferramenta de transformación social e entretemento: «Dende o conflito», de María Reimóndez

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre Dende o conflito, de María Reimóndez, novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2014. A información pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Unha das obras da literatura infantil últimas máis importantes: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   A «Escarlatina» de Ledicia Costas Tras a primeira presentación, creo que cómpre cualificar Escarlatina, a cociñeira defunta, o premio Merlín 2014, como unha das obras da literatura infantil en galego máis importantes dos últimos tempos.

Final precipitado, que desconcerta: «Silencio», de Fran Alonso. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Silencio, de Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

A novela de Ferrol: «O violín de Rembrandt», de Jorge Llorca. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013.   A novela de Ferrol Acompañamos onte a Jorge Llorca na presentación d’ O violín de Rembrandt en Ferrol.

Entrevista con Xavier Queipo no blog «Galego en Cork»

O blog galego Galego en Cork publicou unha entrevista bilingüe inglés-galego de Laura Linares con Xavier Queipo.     Interview with Xavier Queipo A couple of weeks ago, Xavier Queipo visited us in Cork for a day full of fantastic activities.

Hoxe, 27 de outubro, Pedro Feijoo visita o Club de Lectura d’ A Casa do Libro de Vigo

Hoxe luns, 27 de outubro, a partir das 19:30 horas, n’ A Casa do Libro de Vigo, rúa Velázquez Moreno, 27  de Vigo, o escritor Pedro Feijoo visita o Club de Lectura d’ A Casa do Libro para falar do seu libro Os fillos do mar.

Ritmo fluído desde o humor: «O violín de Rembrandt», de Jorge Llorca. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013.

Novidade: «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato»

Novidade: Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato, coordinado por Xosé Cid Cabido cun equipo de autores e autoras. Acorde coa norma ortográfica vixente. Pensado e redactado para estudantes de secundaria e bacharelato, de 12 a 18 anos, seguindo as directrices da Reforma Educativa.

Proposta híbrida e rica: «Formig4s. Misión París», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión sobre Formig4s. Misión París, o primeiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.     Formig4s.

Boa lectura poética para o outono: «Kid Salvaxe», de Carlos Reigosa. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o poemario  Kid Salvaxe, de Carlos Reigosa.   Poesía figurativa Fronte a poesía baseada nas visións do creador e fortemente subxectiva e que ata crea unha nova realidade e unha nova linguaxe, a poesía figurativa, como acontece con este poemario de Carlos G.