Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2014

Xabier Quiroga: «En Zapatillas rotas intento retratar a realidade actual»

O Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña sobre Zapatillas rotas con Xabier Quiroga. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto en Agra de Orzán

O mércores, 22 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación de Veciños Agra de Orzán, rúa Entrepeñas, 38 A Coruña, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. O acto está organizado pola libraría Suévia e a propia Asociación de Veciños. E rematará cun concerto do grupo polifónico PARABÉNS, composto por un repertorio de cantigas referida á Coruña e o mar.

Os misterios do acibeche ao descuberto: «El azabache y su cultura en la Península Ibérica» de Ángel Cardín

Todo literatura publicou un artigo de Eugenio Álvarez sobre o libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica de Ángel Cardín, publicado na colección Extramuros.

Historias sobre a memoria e un retrato de Fraga Iribarne: «Somnámbulos», de Suso de Toro

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre Somnámbulos, de Suso de Toro. A información pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Ksal, un sorprendente pintor vigués rescatado en «Contos do mar de Irlanda», de Xurxo Souto

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Vigo de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto, que se converteu nunha reivindicación do sorprendente pintor vigués Ksado, rescatado na obra de Xurxo Souto.

Elega Gallego: «A presenza dos clicks no escenario de cada crime é a pegada do asasino». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Elena Gallego Abad sobre Sete Caveiras.

O sentimento da vida e da paisaxe: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga en Lalín.   En Lalín con «Zapatillas rotas» Gran presentación no IES Laxeiro de Lalín de Zapatillas rotas, a quinta novela de Xabier Quiroga. O equipo da Biblioteca preparou unha presentación da súa lectura compartida e proxectou o vídeo da súa lectura acompañando ao autor.

Presentación en Pontevedra de “El azabache y su cultura en la Península Ibérica” de Angel Cardín

O venres, 24 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica de Ángel Cardín. No acto participarán Ángel Gómez Calle e o autor.

Presentación en Vigo de “Escarlatina, a cociñeira defunta” de Ledicia Costas

O venres, 24 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil, 2014. No acto, organizado dentro da campaña “Os venres na librerías”, participarán Antonio García Teijeiro, Helena Pérez e Ledicia Costas.

Presentación en Ferrol de “O violín de Rembrandt” de Jorge Llorca

O xoves, 23 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, Rubalcava 30-32 (esquina rúa María) de Ferrol, terá lugar a presentación do libro O violín de Rembrandt de Jorge Llorca, Premio Blanco Amor de Novela 2013. No acto participarán Eduardo Fra Molinero, Manuel Bragado e o autor.

Novidade: «A vinganza do defunto», de Carlos G. Reigosa. Unha novela do detective Nivardo Castro

A vinganza do defunto, de Carlos G. Reigosa, é unha novidade de Xerais Narrativa para este outono.

Opinión dunha estudante sobre «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Vídeo do autor lendo fragmentos da novela

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión dunha estudante de 2º de Bacharelato do IES Laxeiro, Alba Tomé, sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. Así mesmo, reproducimos tamén un vídeo do mesmo blog pertencen á serie «O autor acompaña ao lector».