Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2014

Xurxo Souto: «O mar é o grande motor económico deste país»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista con Xurxo Souto sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Unha gozada para ler: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. b   A raíña da cociña: Escarlatina Hoxe presentamos Escarlatina, a cociñeira defunta e facémolo como se fora unha ponla máis dos nosos castiñeiros, un dos nosos ourizos, unha castaña doce e saborosa.

O calendario Xerais 2015, dedicado a José Suárez

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o Calendario Xerais 2015 dedicado ao fotógrafo José Suárez.   O calendario de Suárez Xa está á venda o Calendario Xerais 2015 dedicado este ano ao fotógrafo José Suárez.

Novidade: «Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll», de Javier Domínguez

Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez é unha novidade de EXTRAMUROS. A mí me parece que, más que el hecho de que la gente sea fiel a Los Suaves, lo que ocurre es que nosotros somos fieles a nuestra gente y a nosotros mismos, y somos consecuentes. Ése es el secreto de Los Suaves. No hemos hecho ni una puñetera concesión a nadie, ni siquiera hemos cambiado nuestra manera de vivir.

Xosé Ramón Freixeiro Mato: «O galego no século XXI perdeu máis falantes que en toda a historia anterior»

Radiofusión emitiu unha entrevista con Xosé Ramón Freixeiro Mato sobre Estilística da lingua galega, recentemente galardoada co Premio da Crítica no apartado de Investigación.       Freixeiro Mato: «O galego no século XXI perdeu máis falantes que en toda a historia anterior» “A sociedade galega ten que decidir e optar: ou mantemos o galego ou o perdemos”.

Novidade: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Tres voces que falan

Somnámbulos, de Suso de Toro, é unha novidade de Narrativa para este outono. Somnámbulos reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro.

Presentación en Santiago de “Somnámbulos” de Suso de Toro

O luns, 20 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón d’ Afundación, rúa do Vilar, 19 de Santiago, terá lugar a lectura dramatizada sobre o texto do libro Somnámbulos de Suso de Toro. O acto, organizado dentro do ciclo “Os luns do Ateneo”, contará coa participación do actor Federico Pérez e do escritor Suso de Toro.

Un libro que fará as delicias de lectores e lectoras.«Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   Escarlatina, a cociñeira defunta Papeino, literalmente. Porque o Premio Merlín de Literatura Infantil 2104 vai diso, de papar.

Ledicia Costas: «Cando escribo, chego case a obsesionarme coas historias que quero contar»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista a Ledicia Costas sobre a súa obra literaria en xeral e sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, en particular.       Ledicia Costas: «A miña primeira novela escribina con 14 anos» Ledicia Costas (Vigo, 1979) foi unha escritora precoz. Con apenas 20 anos publicou o seu primeiro libro: Unha estrela no vento (Xerais).

Volve o reporteiro máis novo de Europa e Indonesia: «O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo», de Jaureguizar. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo, de Jaureguizar.   Tintimán en Lugo Entre as novidades para o público xuvenil lanzadas neste mes non podemos deixar de reparar nunha nova entrega de Tintimán, a serie de Jaureguizar protagonizada polo que se presenta como «o reporteiro máis novo de Europa e Indonesia».

Un acerto de novela con humor sutilísimo: «O violín de Rembrandt», de Jorge Llorca. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación en Vigo de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 17 de outubro, ás 20,00 h., na Librería Cartabón, Rúa Urzáiz, 125 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, organizado dentro da campaña “Os venres nas librerías”, participarán Manuel Bragado e Xurxo Souto.