Publicado o 13 Outubro, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 16 de outubro, ás 20,00 h., no Salón de Actos do IES Laxeiro de Lalín, terá lugar a presentación da novela Zapatillas rotas de Xabier Quiroga.
No acto participarán Uxío Grande, Celso Fernández SanMartín, Manuel Bragado e Xabier Quiroga.
Colabora a Libraría Vagalume.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2014 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros
Xesús Fraga publicou en La Voz de Galicia unha recensión sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey, ilustrado por Laura Súa Campo,
A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2014 nas categorías Extramuros, Música, Novidades
Salvador Rodríguez publicou no Faro de Vigo unha información sobre Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez.
A información pode lerse ou descargarse neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
Xerardo Agrafoxo publicou no blog de Barbantia unha recensión sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.
Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga
Un ancián –que trae un andar pousado e axúdase dun caxato– foxe dun xeriátrico cando se atopa cun home. Este trátao cun ton amigábel: E logo non lle prestaría vir comigo? Un sarxento da Benemérita, un día antes de xubilarse, se non estaría mal pórlle unha bomba a todo.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2014 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013. O blog Trafegando ronseis tamén publicou unha pequena recensión da novela.
«O violín de Rembrandt»
Magnífica primeira presentación d’ O violín de Rembrandt, a novela de Jorge Llorca gañadora do Premio Blanco Amor 2013.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2014 nas categorías Ensaio, Narrativa, Noticias, Premios
A novela Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema, e o ensaio Estilística da Lingua Galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, recibiron o sábado en Vigo os Premios da Crítica nos apartados de Creación Literaria e Investigación respectivamente. Manuel Bragado, director de Xerais, fala dos premios desde o seu blog. Reproducimos a información da Fundación Premios da Crítica Galicia sobre os dous libros premiados de Xerais.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 16 de outubro, ás 20,00 h., no Local da Fundaçom Artábria, Travessa de Batalhons, 7 en Esteiro-Ferrol, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
Ler máis →
Publicado o 10 Outubro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións
Convertida na novela máis traducida da literatura galega, O lápis do carpinteiro está a ter excelentes críticas na súa edición en Suecia. As críticas resaltan tanto a novela como a boa tradución. Reproducimos fragamentos dalgunhas desas críticas.
«Rivas é un estilista hábil e ten unha linguaxe fermosa.
Ler máis →
Publicado o 10 Outubro, 2014 nas categorías Cómic, Formig4s, Infantil, Novidades
Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Carme Vidal sobre a nova serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.
A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 10 Outubro, 2014 nas categorías Axendas, Novidades
Novidade: Calendario Xerais 2015 José Suárez
Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) con 13 fotografías da colección Mariñeiros de José Suárez e con prólogos de Xosé Luís Suárez Canal e Domingo García Sabell. Inclúe festivos, fases da lúa e textos orixinais que acompañan as fotos de Eduardo Blanco Amor, Ledicia Costas, Lorenzo Varela, Rosa Aneiros, Marcos Calveiro, Berta Dávila, X.H.
Ler máis →
Publicado o 10 Outubro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.
Ler máis →
Publicado o 10 Outubro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
A revista Aí do mes de outubro publicou unha recensión sobre a novela O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf.
Ler máis →