Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2014

Novidade: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014

Novidade: O Gran Reino, de Eduardo Santiago, é o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014 Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014 O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas.

Xurxo Souto: «O mar forma parte dese noso patrimonio que ninguén nos conta e dá historias moi fermosas». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista con Xurxo Souto sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda. A entrevista en audio pode escoitarse neste enlace.   Xurxo Souto: «Quixen atopar unha parte de nós mesmos que navega polos mares do norte» Con tanto mar como temos, é posible que vivamos de costas a el? É.

Unha historia potente en road movie: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga Crítica de Laura Caveiro

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica da novela Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. A recensión crítica pode lerese ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras. Segredos na Costa da Morte

Novidade: Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, ilustrado por Víctor Rivas. A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome.

O engado da variedade: «55», de Xavier Queipo. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o libro de relatos 55 de Xavier Queipo.   Engaiolante variedade Xavier Queipo reúne neste volume 55 textos (de aí o título do libro) que se caracterizan pola súa variedade, pois hai relatos breves, lembranzas persoais ou tamén textos de divulgación científica.

Novidade: «O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo», de Jaureguizar. Misterio, asasinatos e amor

O veleno da risa Un misterio para Tintimán en Lugo, de Jaureguizar, é unha novidade da serie Tintimán para este outono. Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado.

Un documentado libro visual e textual: «Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll», de Javier Domínguez

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez, publicado na colección Extramuros de Xerais.   O libro dos Suaves Chegou onte o libro dos Suaves, un volume de 428 páxinas sobre o mítico grupo de rock and roll ourensán.

Novidade: «Formig4s. Misión París», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Que sucede coa estatua da liberdade?

Formig4s. Misión Nova York, é o segundo título da serie Formig4s (publícanse dous para este outono), escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide. FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

Os «Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto navegan na Coruña

Os «Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto navegan na Coruña

Radiofusión publicou unha información sobre a presentación na Coruña de  Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto, o libro galego de narrativa máis vendido durante os últimos tres meses.     Xurxo Souto publica Contos do Mar de Irlanda A publicación Inclúe mapa do Gran Sol con ollos –e nomes- galegos Os Contos do Mar de Irlanda chegan á “Croa da Cruña”.

A Day with Xavier Queipo. Un día dedicado a Xavier Queipo en Cork

O Irish Centre for Galician Studies da Universidade de Cork organizou unha serie de actividades arredor da figura de Xavier Queipo, que acaba de publicar o seu libro de relatos 55. A información pode consultarse no blog Galego en Cork.

Novidade: «Dende o conflito», de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela 2014. Unha novela sobre o xornalismo, a guerra, a pobreza, a marxinación, o valor da amizade e o amor

Dende o conflito, de María Reimóndez,  é novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.  Toda a información publicada sobre a novela pode consultarse ou seguirse neste enlace.

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto, libro máis vendido de narrativa en Galicia por terceiro mes consecutivo

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de setembro a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto continúa a ser o libro máis vendido no  ámbito da Narrativa en Galicia.