Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2014

Instruír deleitando: «Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo», de Xesús Alonso Montero. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre sobre o libro Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, de Xesús Alonso Montero. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

«55», de Xavier Queipo, entre os libros máis recomendados na Tabela dos libros de outubro

O libro de relatos 55 de Xavier Queipo, é un dos libros máis recomendados de outubro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo.

Un libro que harmoniza sentimentos, emocións e o rigor da investigación filolóxica: «Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)», de Ana Acuña

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Marín do libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña. Tamén o Faro de Vigo publicou unha información ao respecto.

Unha ollada á cerna da nosa sociedade actual: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. A información pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación en Ourense de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 15 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Agalleira, Praza de San Cosme, 1 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto participarán Xavier Paz e Xurxo Souto.

O lugar do autor no mundo: «55», de Xavier Queipo. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de relatos sobre 55 de Xavier Queipo.

Novidade: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014

Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas, é o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos.

Moi recomendable para adolescentes e adultos: «A illa misteriosa», de Jules Verne. Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre a novela A illa misteriosa de Jules Verne.  A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Artigo de Xesús Alonso Montero sobre «Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida»

Xesús Alonso Montero publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala sobre o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Crítica de Rodríguez Alonso sobre «O violín de Rembrandt», de Jorge Llorca

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a novela O violín de Rembrandt, de Jorge Llorca, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013.     Narración mal artellada Nesta novela contásenos en primeira persoa e botando man do procedemento do flash-back ou volta atrás as peripecias para a venda no mercado negro da arte dun Stradivarius.

Ramón Vilar Landeira: «O nexo do meu libro é un mundo en transformación e en crise, tamén persoal e social»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Ramón Vilar Landeira sobre o seu libro de relatos Os televisores estrábicos. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «Formig4s. Misión París», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Un caso en Francia

Formig4s. Misión París, é o primeiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide. FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. “Misión París”, leva os FORMIG4S á capital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise.