Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2014

«As noites de Xián», de Concha Blanco. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da Crítica unha anotación sobre As noites de Xián, de Concha Blanco, con ilustracións de Dani Padrón, editado na colección Merliño.

Carlos G. Reigosa: “Sempre quixen que esta fose a miña novela de Vigo”

O Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Carlos G. Reigosa sobre a A vinganza do defunto. A entrevista pode lerse ou descargarse aquí.

Presentación en Betanzos de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O venres, 19 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, de Betanzos, terá lugar a presentación da novela Dende o conflito de María Reimóndez , Premio Xerais de Novela, 2014. No acto participarán a xornalista Silvia Carregal e María Reimóndez.

Unha das mellores obras do ano: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de César Lorenzo

Biosbardia publica unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   «Escarlatina, a cociñeira defunta»: nunca o podre soubo tan ben Ás veces os autores de literatura infantil (e xuvenil) pregúntanse por que os críticos non os tratan con respecto.

Memoria histórica, lirismo e linguaxe rica: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.

González Redoredo: «O sufraxio infantil é un xeito de reforzar o voto dos pais». Entrevista sobre «Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de María Piñeiro a Xosé M. González Reboredo, que hoxe participa na presentación de Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, libro coordinado por Manuel Blanco Desar. A entrevista pode lerse ou descargase nesta ligazón.

A primeira receita coñecida: «O polbo e a súa cociña», de Matilde Felpeto Lagoa. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro O polbo e a súa cociña. 67 receitas da cociña tradicional familiar de Matilde Felpeto Lagoa.

Suso de Toro: «O meu oído está educado na oralidade, non nos libros»

O xornalista Tino Santiago entrevistou no programa Zig-Zag Eirado da TVG ao escritor Suso de Toro sobre o seu libro Somnámbulos.

Indispensable: «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena.   Indispensable historia da literatura galega “Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916.

Poesía neorromántica e figurativa: «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.

Luís Rei Núñez: «A literatura galega actual elude os temas que poden crear controversia». Entrevista de César Lorenzo

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Luís Rei Núñez.   Luís Rei Núñez: «A literatura galega actual elude os temas que poden crear controversia» Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) é un escritor de longa e variada traxectoria. Na súa bibliografía encontramos narrativa, biografía e ensaio. Tamén poesía. Agora publica Estrela do norte (colección Tambo, Faktoría K).

Presentación na Coruña de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

Dentro da ruta “Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol sen saír da Coruña”, Xurxo Souto recala este xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas,  na librería Nova Colón, rúa San Andrés, 112, cos seus Contos do Mar de Irlanda Nesta cita para reencontrármonos co talento submarino de Urbano Lugrís e Antón Avilés de Taramancos.