Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2014

Presentación en Vigo de “dun lago escuro” de Marta Dacosta

O xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro  (Premio Johán Carballeira 2013) de Marta Dacosta. No acto participarán Xosé Daniel Costas, Manuel Bragado e Marta Dacosta.

Presentación en Lugo de “Galicia: un pobo con futuro?”

O mércores, 17 de decembro, ás 20:00 h., na Librería Biblos, Salvador de Madariaga, 1 Local 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico en edición de Manuel Blanco Desar e coeditado por Xerais e Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

Celmosos froitos: «Inmigración/Emigración na LIX», da Rede Temática de Investigación LIJMI

Armando Requeixo publicou no seu blog Criticalia unha recensión crítica sobre o libro Inmigración/Emigración na LIX, de Rede Temática de Investigación LIJMI, coordinado por Blanca Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez.

Trama de poderosísimo sentimento: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Crítica de Armando Requeixo

A revista Criaturas publicou unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Serie intrépida: «Formig4as», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre a nova serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.   Roben por nós facéndonos cóxegas Roben por nós e están presentes en todo o souto, de patas miúdas van lixeiras, moi ás présas, carrexando sen cesar.

Santiago é literatura, video sobre os libros de Suso de Toro

«Santiago é literatura», vídeo no que se entrevista ao escritor Suso de Toro para falar da relación entre Somnámbulos e todos os seus libros e a cidade de Santiago de Compostela.

Booktuber gaba «Black Air» e cita a literatura galega

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os libros galegos publicados en inglés por Small Stations dentro da colección «Galician Wave».     Booktuber gaba «Black Air» e cita a literatura galega Foi unha sorpresa coñecer que a booktuber londiniense Sanne de Booksandquills (117.

Suso de Toro: «A sensación de crise profunda da sociedade tamén opera dentro de min»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo ao escritor Suso de Toro en torno ao libro Somnámbulos na libraría Cronopios de Pontevedra.

Digno de gabar: «Mariñeiros José Suárez. Calendario 2015». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o Calendario Xerais 2015 dedicado ao fotógrafo José Suárez.     Calendario 2015 Edición de Celia Torres Nestes días en que remata o ano chega ás nosas mans o Calendario 2015 de Xerais. O calendario elixe para cada mes do ano unha foto de tema mariñeiro de José Suárez, un clásico da fotografía galega.

Marilar Aleixandre: «Neste libro apropieime de historias de infancia que non son miñas». Anotación sobre «Ovella descarreirada»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, con ilustracións de Óscar Villán.     «Ovella descarreirada» de Marilar Aleixandre Presentamos onte na Libraría Couceiro de Compostela Ovella descarreirada, o libro de poemas de Marilar Aleixandre ilustrado por Óscar Villán.

Javier Domínguez: «A Yosi le sienta bien abrazarse a los árboles». Entrevista sobre Los Suaves

Javier Domínguez: «A Yosi le sienta bien abrazarse a los árboles». Entrevista sobre Los Suaves

A web Mariskal Rock publica unha entrevista de Juan Destroyer a Javier Domínguez sobre o  libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, publicado na colección Extramuros.   ENTREVISTA CON JAVIER DOMÍNGUEZ, autor de la biografía de Los Suaves Y no lo decimos gratuitamente, sino porque Javier, además de ser historiador, fue el primer batería del grupo, el que grabó su debut ‘Esta vida me va a matar’.

Debate literario entre Jacobo Fernández Serrano e Helena Pérez

A revista Criaturas publicou un debate entre o escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano e a editora Helena Pérez que tamén aborda cuestións da obra de Jacobo. O debate pode lerse ou descargarse nesta ligazón.