Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2014

Carlos Negro: «Moitos cidadáns seguimos educando as nosas fillas e fillos en galego e merecemos que se respecten os nosos dereitos»

O blog de Emilio Xosé Ínsua recolle unha entrevista que el mesmo lle fixo ao escritor Carlos Negro, publicada na revista Aulas Libres.

Mestría no manexo da novela de detectives: «A vinganza do defunto», de Carlos G. Reigosa. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela A vinganza do defunto, de Carlos G. Reigosa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Suso de Toro: «Un escritor ten que comprender a todos os seus personaxes»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a conversa entre Susana Pedreira e Suso de Toro en torno ao libro  Somnámbulos.     Suso de Toro conversa con Susana Pedreira Apaixonante resultou seguir a conversa que Suso de Toro mantivo onte coa xornalista de Onda Cero Susana Pedreira na libraría Cronopios de Pontevedra arredor de Somnámbulos.

Verdadeiro monumento: «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no xornal El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena.   Segundo volume dunha magna obra Acaba de saír dos prelos de Edicións Xerais o segundo volume da Historia da Literatura Galega que abrangue o estudo da nosa escrita literaria desde 1853 ata 1916, a época de O Rexurdimento.

Un libro para a educación en valores: «Os dereitos da infancia». Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro de relatos Os dereitos da infancia.   Decálogo dos dereitos do neno ilustrados ficcionalmente Co gallo da conmemoración do vinte e cinco aniversario da aprobación pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas do texto da Convención dos Dereitos do Neno, Edicións Xerais publicou este libro para o lectorado galego.

A primeira novela policial galega: «Crime en Compostela», de Carlos Reigosa. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa.   A primeira novela policial galega Hai uns poucos días comentabamos nestas páxinas a última, que non derradeira, aventura de Nivardo Castro acompañado polo seu inseparable Carlos Conde, nunha especie de parella Holmes-Watson.

A emotividade do auténtico: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Final Casalderrey. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un libro que acerta de pleno: «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena.   Indispensable Cando comentabamos alá polo remate de novembro do pasado ano o Tomo I da Historia da Literatura Galega de Xosé Ramón Pena titulabamos cun Obra de referencia indispensable.

Unha lectura suculenta: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Olalla Sánchez

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou recensión crítica de Olalla Sánchez sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Un libro dos que chegan ao lector: «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación en Ferrol de “O polbo e a súa cociña” de Matilde Felpeto

O luns, 15 de decembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, Rubalcava 30-32 de Ferrol, terá lugar a presentación do libro O polbo e a súa cociña de Matilde Felpeto. No acto participarán Manuel Bragado e Matilde Felpeto. A autora convidará aos asistentes a uns mantecados feitos por ela.

Fran Alonso: «O silencio hoxe é algo que nos estraña porque o adn da nosa sociedade está feito con ruído»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Fran Alonso sobre a súa novela Silencio.