Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2014

Presentación de “A voz do vento” de Pemón Bouzas en Pontevedra

O sábado, 13 de decembro, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar o “Vermú Literario” arredor da novela A voz do vento de Pemón Bouzas. No acto participarán Laura Blanco Casás e Pemón Bouzas.

Xurxo Souto homenaxea a María Antonia, a muller que deu nome a un mar

Sermos Galiza publicou unha información sobre Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.   Xurxo Souto homenaxea a María Antonia, a muller que deu nome a un mar María Antonia rexentaba unha tenda mítica de referencia para os mariñeiros.

Presentación na Coruña de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 11 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza do Libro, 12 na Coruña, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto terá lugar a homenaxe a María Antonia unha muller de Santa Lucía que lle deu nome a todo un mar. Dende o alto da Torre de Hércules -mar e horizonte- terrícolas e terrícolos enchemos o ollo cunha visión extraordinaria.

XI Encontro con escritores: A creación literaria e os seu autores

O  xoves, 11 de decembro,  ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar unha nova sesión da actividade “A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores“. Este día contaremos coa presenza como autores invitados dos escritores XABIER PUENTE DOCAMPO e MARCOS CALVEIRO. Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor.

A vulnerabilidade dos menores: «Os dereitos da infancia». Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Faro de Vigo un artigo sobre os dereitos da infancia con motivo do vinte e cinco aniversario da Convención dos Dereitos do Neno (CDN) e da celebración do Día dos Dereitos Humanos. Xerais publicou recentemente o libro Os dereitos da infancia. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Carballo de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O xoves, 11 de decembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, terá lugar a presentación do libro Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela 2014.

Crítica sobre «Somnámbulos» no Huffington Post

El Huffington Post publicou unha crítica sobre a obra de Suso de Toro, Somnámbulos, feita por Margarita Lázaro que se pode consultar nesta ligazón.

María Reimóndez: «A escrita ten que traballar os espazos do poder, desfacelos, e facer visibles outras alternativas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a María Reimóndez sobre a súa novela Dende o conflito, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.

Presentación en Santiago de “Ovella descarreirada” de Marilar Aleixandre

O xoves, 11 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Ovella descarreirada de Marilar Aleixandre. No acto participarán Berta Dávila, Manuel Bragado e Marilar Aleixandre.

Diego Ameixeiras: ««A novela negra é un xénero no que non podes abstraerte do realismo. Debe ser a crónica social do seu tempo»

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Diego Ameixeiras sobre a súa última novela, Conduce rápido.   «A novela negra é un xénero no que non podes abstraerte do realismo. Debe ser a crónica social do seu tempo» Erika e seu irmán Samuel buscan unha maneira de saír do noxo de vida que levan. Un temporal que move uns fardos de cocaína podería mudalo todo.

Xabier Quiroga: «Zapatillas rotas é un retrato do noso tempo, do esencial»

Galicia Confidencial publicou unha entrevista de Cris Mosteiro Reboredo con Xabier Quiroga sobre Zapatillas rotas. (Fotografía de A. López).   «Zapatillas Rotas» é un retrato do noso tempo, do esencial É a quinta obra do lucense Xabier Quiroga. Unha novela de 400 páxinas intensa e fértil, na que un vello, o señor Xaquín, e un parado se fan cos papeis protagonistas.

Aposta forte para revisar (pre)conceptos e inercias: «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.