Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2014

Humor, receitas de cociña e o alén: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Rodríguez Alonso

Humor, receitas de cociña e o alén: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.     Humor, receitas de cociña e o alén Esta novela curta que mestura humor, receitas de cociña e mais o alén gañou o último Premio Merlín de Literatura Infantil.

Dolores Redondo: «A miña novela é policíaca pero trascende desde os personaxes protagonistas como Amaia Salazar»

Radiofusión emitiu unha entrevista con  Dolores Redondo sobre a novela Ofrenda á tormenta, a derradeira da exitosa triloxía do Val de Baztán.   Dolores Redondo: “Amaia Salazar descubre a razón dos medos do val de Baztán” Os avós de Dolores Redondo son de Sanxenxo (Pontevedra) “Por fin imos chegar ás orixes de todas as preguntas que quedaron pendentes nos anteriores volumes.

Atravesar o espello: crítica de Armando Requeixo sobre «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

Armando Requeixo publicou no seu blog Criticalia unha recensión crítica sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.   Atravesar o espello A traxectoria de Carlos Callón no ámbito do ensaísmo, a investigación literaria e a escrita sociolingüística é sobradamente coñecida.

Ramón Vilar Landeira: «“Hoxe os nenos do rural galego visten coma os de Nova York». Entrevista de César Lorenzo

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Ramón Vilar Landeira sobre o seu libro de relatos Os televisores estrábicos.

Presentación de “Somnámbulos” de Suso de Toro en Pontevedra

O mércores, 10 de decembro, ás 19:30 horas, na librería Cronopios de Pontevedra, a xornalista Susana Pedreira de Onda Cero Pontevedra, entrevistará ao escritor Suso de Toro polo seu libro Somnámbulos.

Xabier P. DoCampo e Marcos Calveiro intervirán no ciclo «A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores»

Os escritores Xabier P. DoCampo e Marcos Calveiro intervirán o vindeiro xoves 11 de decembro ás 18.30h no Salón de actos da Uned de Coruña, dentro da actividade «A creación literaria e os seus autores: XI Encontros con escritores». A intervención será retransmitida en directo a través da seguinte ligazón: http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.

Unha voz moi representativa dunha xeración: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Conduce rápido, de Diego Ameixeiras.   «Conduce rápido» Como xa vén sendo tradición a comezos de decembro, presentamos onte en Couceiro outra de Ameixeiras, que o autor ourensán títulou Conduce rápido.

Novidade: «Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo. A inspectora Amaia Salazar volve estar en galego nas librarías

A novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, xa está nas librarías galegas,  e constitúe o derradeiro volume da triloxía_do_Baztán. Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máis singulares da novela negra publicada nos últimos anos.

Fina Casalderrey: «Desexaba escribir unha historia de sabor rico, como se lle supón a unha torta»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Fina Casalderrey sobre  Historia da bicicleta dun home lagarto. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Unha nova visión do Rexurdimento: «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Joaquim Ventura

Joaquim Ventura publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena, un libro que complementa o volume anterior. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba, finalista do Premio XII Premio Novela Europea Casino de Santiago

O escritor Manuel Darriba, coa súa novela O bosque é grande e profundo, é un dos cinco candidatos ao XII Premio Novela Europea Casino de Santiago, canda  Jesús Carrasco, John Manchester, Paolo Giordano e Jean Echenoz, que son os cinco os finalistas que optarán ao premio. A novela de Darriba é a única finalista escrita en lingua galega.

«Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo: a novela que pecha unha triloxía con lexión de seguidores. Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da Crítica unha anotación sobre a novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, que empeza a chegar, desde hoxe xoves, ás librarías galegas.