Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2014

A galeguidade da Axenda Xerais 2015. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a Axenda Xerais, elaborada por Celia Torres. Coma todos os anos: a Axenda Xerais 2015 Chega estes días ás miñas mans unha nova Axenda Xerais, a dedicada ao próximo ano 2015. Contra o que poida parecer, a autora da devandita axenda non se limitan a reproducir a do ano pasado cos inevitables cambios no calendario.

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto e «Dende o conflito», de María Reimóndez encabezan os libros máis vendidos en Narrativa. «Escarlatina, a cociñeira defunta», a lista de literatura infantil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de novembro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto  e  Dende o conflito, de María Reimóndez encabezan de xeito compartidos a lista dos libros máis vendido no  ámbito da narrativa.

Xerais publicará en abril «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor de Novela, que se achega á novela rosa para relatar unha historia de amor homosexual

Xerais publicará no vindeiro mes de abril Cabalos e lobos, a novela coa que de Fran P. Lorenzo gañou o Premio Blanco Amor de Novela e que está a crear unha enorme curiosidade entre os lectores e lectoras.

Un conto por cada dereito, de moita utilidade didáctica: «Os dereitos da infancia». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o libro de relatos colectivo Os dereitos da infancia.   Para ler e comentar todo o ano e non só en novembro Todos os 20 de novembro se celebra o Día Universal da Infancia, co gallo de lembrar que o 20 de Novembro de 1959 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno.

Poeta próximo, intenso e confesional: «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón. Crítica de Elisa Lobeira

Elisa Lobeira publicou unha anotación no blog Café Barbantia sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.

Pere Tobaruela visitou o club de Lectura Lendo no Galiñeiro para falar da serie «Formigas»

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que Pere Tobaruela mantivo en torno ao seus libros da serie Formig4s.       Con Pere Tobaruela, no Club de Lectura “Lendo no Galiñeiro” (IES Valadares) Foi un pracer retomar onte as actividades do Club de Lectura “Lendo no Galiñeiro” do IES Valadares.

«Pensar o nacionalismo»

A revista Tempos Novos publicou un longo artigo de Miguel Vázquez Freire titulado «Pensar o nacionalismo» no que se fai unha reflexión en torno á necesidade de repensar a política do nacionalismo a partir de dous libros de recente publicación, un deles E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata, publicado por Xerais, así como outro de Xaime Subiela.

O complexo mundo interior dunha adolescente con trastorno alimentario recreado con mestría: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago. Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre a novela O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A forza da palabra: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey que tamén recolle no seu blog. A forza da palabra Nunca defrauda un libro de Fina Casalderrey. Cada unha das súas publicacións é coma unha desas caricias que te produce o contacto en vivo coa autora. Caricias da palabra, pero tamén palabras con forza.

Xosé Ramón Pena: «As grandes figuras do Rexurdimento conectan de novo coa universalidade»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de J. A. Otero Ricart a Xosé Ramón Pena sobre a Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Redención por el rock ‘n’ roll. Artigo de Diego A. Manrique sobre «Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll», de Javier Domínguez

O xornal El País publicou un artigo de Diego A. Manrique sobre Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez.   Redención por el rock ‘n’ roll Ya habrán advertido que se está publicando una oleada de novelas situadas en el planeta rock. Uno recibe esas ficciones con entusiasmo y curiosidad; sin embargo, muchas dejan un sabor incierto.

«Somnámbulos» de Suso de Toro e «Historia da literatura galega II» de X. R. Pena encabezan o ranquing da Tabela dos libros de novembro

Somnámbulos, de Suso de Toro, e Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena, sitúanse no primeiro e segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de novembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.