Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2014

Enxeño e talento: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Con «Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo, Xerais completa a triloxía do Val do Baztán, que se poderá ver proximamente nas pantallas dos cines

Hoxe chegou á editorial a novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo. Con esta nova e derradeira novela, Xerais verque ao galego esta destacada triloxía dunha das autoras de máis éxito internacional dos últimos meses.  O primeiro título publicado foi O gardián invisible, unha engaiolante novela protagonizada pola inspectora da Policía Foral Navarra Amaia Salazar.

Diego Ameixeiras: «A historia pedíame ser sintético e ir ao gran»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Diego Ameixeiras sobre a súa novela novela Conduce rápido.

Miguel Suárez Abel: «Todos os libros de Fina Casalderrey son intelixentes, inocentes, teñen humor e amosan a nosa infancia»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey, ilustrado por Laura Súa Campo.   Debuxar a felicidade Memorable foi onte a presentación organizada polo Ateneo de Pontevedra no salón de actos do Museo de Pontevedra de Historia da bicicleta dun home lagarto, o libro máis recente da escritora Fina Casalderrey.

A versión inglesa de «Todo é silencio», de Manuel Rivas, elixida como a segunda mellor novela publicada en 2014

A novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, foi elixida por Eileen Battersby como a segunda mellor novela do ano entre todas as obras publicadas en 2014, segundo publica The Irish Times. A tradución ao inglés de All Is Silence está feita por Jonathan Dunne.

Xurxo Souto estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, con «Contos do mar de Irlanda»

Xurxo Souto estará mañá martes día 2 de decembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar de Contos do mar de Irlanda.

Carlos Callón: «A poesía tenta expresar o que a linguaxe non pode»

Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Carlos Callón sobre o seu poemario Atravesar o fantasma. «A poesía tenta expresar o que a linguaxe non pode» Comeza a falar de poesía e non tarda en saír a psicanálise. Lacan preside a conversa e a natureza dos poemas explican a súa continua presenza.

Manuel Blanco Desar: «Se non hai relevo xeracional Galicia mingua e tampouco hai relevo cultural»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico.