Menu Xerais

24 de febreiro: Día de Rosalía

O luns, 24 de febreiro ás 12:00 horas, no Auditorio do Concello, Praza do Rei de Vigo, Fernando Pereira Bueno, autor de Rosalía de Castro. Imaxe e realidade, impartirá unha conferencia a escolares da cidade sobre “A imaxe da maior icona visual de Galicia”.

Neste acto organizado polo Concello de Vigo, participarán Isaura Abelairas (Concelleira de Normalización), Manuel Bragado (Director de Xerais) e o autor.

A partir das 18:00 horas, na Casa Galega da Cultura, Praza da Princesa, terá lugar unha lectura, en varios idiomas, da obra de Rosalía en colaboración coa Universidade de Vigo e o Voluntariado de Vigo. Deseguido, ás 20:00 horas, Fernando Pereira Bueno, falará de Rosalía de Castro. Imaxe e realidade para o público en xeral.

Deixa un comentario!