Menu Xerais

«A terra queima», de Lalo Carnota e Xurxo Souto, Premio Muíño do Vento de Textos de Contraportada

O libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar A terra queima, que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro acaba de recibir o II Premio Muíño do Vento de textos de contraportada. A web da asociación reproduce o fallo do xurado: «Reunido en Canido (Ferrol), o día 24 de abril de 2014, o xurado do II Premio Muíño do Vento de Textos de Contraportada, convocado pola Asociación Sociocultural Muíño do Vento, constituído por Sari Alabau Albors, Carmen Cuesta García, Ánxeles Pernas García, Elia Rico Lagarón e Antonio Yáñez Casal, que actuou en calidade de secretario, con voz e sen voto, acordou outorgarlle o premio, por maioría, ao texto da contraportada da obra A Terra Queima, de Lalo Carnota e Xurxo Souto».

Deixa un comentario!