Menu Xerais

Actos de Xerais no Festigal 2014

A décimo cuarta edición do Festigal, que terá lugar o 25 de xullo (Día da Patria Galega) no Campus Sur de Santiago de Compostela acollerá, entre outras, a presentación (ás 20:30 horas) do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e do libro de relatos de Xavier Queipo 55 (ás 21:00 horas).

A partir das 18:00 horas os escritores Henrique del Bosque Zapata asinará exemplares do seu libro E logo, temos razóns para ser nacionalistas? e María Reimóndez de A alternativa está aquí.

 

Deixa un comentario!