Menu Xerais

Agustín Fernández Paz, Premio Trasalba 2014

Agustín Fernández Paz (Foto de J. Lores)

O escritor Agustín Fernández Paz que acaba de publicar a súa última novela A viaxe de Gagarin (Xerais Narrativa) esta mesma semana, acaba de recibir o Premio Trasalba 2014, logo de que a Fundación Otero Predrayo valorase a dedicación do escritor ao ámbito da literatura dirixida á mocidade, onde conseguiu «unha recoñecida sona dentro e fóra das nosas fronteiras», así como o seu compromiso coa lingua galega e cos movementos de renovación pedagóxica que se desenvolveron a partir dos primeiros anos da década dos 80. A decisión, tomada por unanimidade pola xunta de goberno da fundación, fíxose pública a través dun comunicado que se distribuíu por diversos medios de comunicación.  O escritor vilalvés residente en Vigo recibe este galardón na 32 edición do premio, que será entregado na Casa Grande de Cimadevila, en Amoeiro, na residencia-museo de Ramón otero Pedrayo, o derradeiro domingo do mes de xuño.

Deixa un comentario!