Menu Xerais

Antonio García Teijeiro estará este sábado día 29 no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Un rato díxolle á lúa»

Un rato díxolle á lúa, a antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez, centrará o próximo sábado 29 de marzo a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.

 

 

O Lendo Contigo recibe a Antonio García Teijeiro para gozar da poesía

Este sábado, 29 de marzo, o club de lectura compartida Lendo Contigo contará coa presenza do poeta Antonio García Teijeiro, autor dos poemas da antoloxía que lemos este mes: Un rato díxolle á lúa (Xerais, 2013). A actividade comeza ás 12:00 horas na biblioteca de Gondomar, que se encherá de palabras, poemas e música.

Este será a segunda vez que nos visita Antonio García Teijeiro, posto que en febreiro de 2008 (hai xa seis anos!) estivo con nós para falarnos de Honorato, o rato namorado. Este é un vídeo dese día.

Deixa un comentario!