Menu Xerais

Delicioso álbum: «As redes de Inés», de Elvira Riveiro Tobío. Crítica de Olalla Sánchez

Olalla Sánchez publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, publicado na colección Merliño.

 

Novo título para afacer os nenos á linguaxe poética

A autora amosa de novo o seu bo quefacer neste fermoso título, co que se amplía o horizonte da poesía infantil. Os poemas, curtos, rimados e de gran musicalidade, lograda a partir de repeticións e xogos de palabras, céntranse nunha redeira que sabe de lendas do mar e que logra achegar aos nenos a este oficio tradicional, co seu léxico. O delicioso álbum acompáñase de imaxes a modo de colaxe, un recurso que cede espazo á imaxinación e que xa fora empregado pola escritora no premiado título Palabras brancas. As ilustracións, que esconden recortes, fotos ou debuxos, coordínanse coas rimas, nunha solución que fai que os pequenos se identifiquen coa proposta.

Olalla Sánchez

Deixa un comentario!