Menu Xerais

Falar da morte con humor: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro  Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

 

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA » [ LEDICIA COSTAS ]

Letras e fogóns por xunto

Galardoada na última edición do Premio Merlín esta proposta adéntrase con convicción nun asunto de tratamento difícil como é a morte. Faise de maneira pouco convencional e novidosa ao usar o cicel do humor e o da desmitificación, encadrándose con soltura nas estremas dunha novela de aventuras e amoldando o rexistro expresivo ás necesidades da trama, onde se erixen como un acerto as pasaxes de inspiración gastronómica. A lectura visual de Víctor Rivas, sen dúbida, contribúe ao feliz resultado final.

 Ramón Nicolás

Deixa un comentario!