Menu Xerais

Novidade: «As redes de Inés«, de Elvira Riveiro Tobío (Autor/a) Fino Lorenzo: poesía infantil en formato álbum

As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, é unha novidade da colección Merliño.

Unha nova proposta que amplía o horizonte da poesía infantil.

Inés está no peirao
dende o amencer,
ata que te ata
o verde cordel.

E eu sei que ela sabe,
ela sabe que eu sei…
…que nunca se enlean
as redes de Inés.

 

Elvira Ribeiro Tobío (Cerponzóns, 1971) é profesora, tradutora e poeta. Ten publicados os poemarios Andar ao leu (2005), Arxilosa (2005), ademais de numerosos poemas visuais en diversos espazos web. En Xerais ten publicados os libros PAlAbrAs brAncAs (Xerais 2008), finalista do Premio Merlín 2007 e Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do ano 2008 e As redes de Inés (Xerais, 2014).

Fino Lorenzo (Baiona, 1962) é artista plástico. Leva expoñendo a súa obra, pintura, gravado, escultura e instalación, de forma regular, desde o ano 1987. Como ilustrador, ten mais de trinta títulos publicados. En Xerais destacan, Ondas de verde e azul, Iría e a lúa, Contos marabillosos III, Mermelada de amorodo (I Premio Certámen Internacional de Álbum ilustrado Ciudad de Alicante, 2001), Pequena mitoloxía de Galicia, Lorenzo Varela. Biografía e antoloxía, A vida secreta de Maria Mariño, Adiviñanceiro popular galego, Palabras brancas e Recendos de aire sonoro. Desde 2008 leva a programación das exposicións de arte contemporánea do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).

 

Deixa un comentario!