Menu Xerais

Novidade: «Marcopola, a Illa Remeira 3: Dragoneta!», de Jacobo Fernández Serrano

Marcopola, a Illa Remeira 3: Dragoneta!, escrita e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano é unha novidade para este outono e constitúe a terceira entrega dunha serie de cómic para os primeiros lectores

Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós?

 

 

 

Deixa un comentario!