Menu Xerais

O mundo do Sireno: «¡Sireno, sireno!», de An Alfaya. Anotación no blog Escritoras de literatura infantil e xuvenil

O blog Escritoras de literatura infantil e xuvenil publicou unha anotación sobre o libro ¡Sireno, sireno!, de An Alfaya.

 

O mundo do Sireno

O libro de ¡Sireno, Sireno! de An Alfaya ofrécenos a posibilidade de adaptalo ao alumnado de Educación Infantil, xa que aborda o tema do soño, do ficticio.., é dicir, do mundo onírico, algo que a este tipo de lectores lles adoita gustar. Por outra banda, mediante el podemos abordar dun xeito positivo un tema tabú nestas idades como é a “morte”, algo do que xa falamos nunha entrada anterior. Polo tanto, decidimos partir deste tema para traballar o mundo do arte. Queres saber cómo quedará esta adecuación? Sigue lendo e sorpréndete meténdote no mundo de ¡Sireno, Sireno!.


Debemos destacar antes de nada que os obxectivos que pretendemos cas actividades seguintes serán:
-          Espertar o interese pola lectura.
-          Desenvolver a memoria visual.
-          Desenvolver a atención.
-          Desenvolver a comprensión lectora.
-          Gozo polos libros e a lectura.
-          Espertar a imaxinación e a fantasía.
Ben, pois aclarado o importante desta adaptación, agora sí que si, vamos adentrarnos nesta aventura. Anímaste?
Primeiro contarémoslles aos nenos o noso conto:
¡Sireno, Sireno!
Mamá chora, está triste porque papa tivo que marchar para o ceo.
Eu cada noite ollo ó ceo para haber se o vexo e traelo de novo connosco, pero só vexo as estrelas brilando con moita forza.

Pero.. unha noite as estrelas xuntáronse todas xuntas e formaron o “Sireno”. Eu pensei que fora cousa do meu pai, xa que a el gustáballe moito, a pesares de que a xente dicía que era feo.

Preguntarédesvos quen é o “Sireno”? é unha estatua que está no medio da cidade e que sempre a viamos o meu pai e eu cando me levaba ao colexio.

Pois dende esa noite que se asomou o “Sireno”, eu non puiden evitar pintalo, pois ao igual co meu pai, encántame a pintura e síntome moi preto del cando pinto.

A sorpresa foi cando unha noite o meu debuxo desaparecera e asomándome a fiestra vino voando polo ceo, entre as estrelas brilantes, pero había unha que brilaba con máis forza. Sería meu pai?

Esa mesma noite, a fiestra abriuse e o “Sireno” veu por min, levándome no seu lombo polo brilante ceo mentres eu soñaba con que me levara xunto ao meu pai para acabar coa dor da miña nai e para telo comigo.

Pero….

O final queda no aire. Vos que pensades? O “Sireno” levaría ao protagonista a xunto do seu pai para traelo de novo? Pois esa mesma pregunta lla faremos ao nosos alumnos/as, pois eles terán que inventarlle un final.
 Mm… pero, por qué non tocar un “Sireno” e telo de verdade nas nosas mans? Existirá o Sireno? Por qué non navegamos en Internet e investigamos?
Pois agora que o vimos e sabemos onde está, por qué non telo nas nosas mans? Pero… está lonxe así que hai que poñerse mans a obra e facer aquí a nosa propia escultura. QUÉ DIVERTIDO!
Xogamos moito co noso “Sireno”, voamos con el.. chegamos ao ceo.. pero esquecémonos dunha cousa. Quen escribiu o noso libro? Temos que investigar, pero onde mirar? No libro, na primeira páxina: An alfaya. Atopamos información, trouxemos máis libros á clase da autora e cada neno le á súa maneira aos seus compañeiros. E finalmente, debuxamos a Alfaya.
Foi moi divertida esta aventura lectora co “Sireno”, pois aprendemos e descubrimos unha escritora, unha nova historia, e sobre todo gozamos en cada actividade.  Anímate a levala a cabo ti tamén nunha aula. Moita sorte e non esquezas que a lectura debe ser un motivo de ocio e diversión, nunca unha obriga.
Grupo composto por:
Noelia Rey Bello
Paula Roca Lema
Sandra Romero Pato
Natalia Sánchez Martínez

Sandra Verdes Pico

Deixa un comentario!