Menu Xerais

Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.

O pasado día 14 de febreiro tivo lugar o reconto e traslado do resultado correspondente aos libros editados en galego durante o ano 2013  e o 17 de febreiro foille comunicado ese resultado aos  editores e aos integrantes do xurado.

 

Os libros finalistas son os seguintes: 

Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción 2013:  Acordes Náufragos de Antón Riveiro Coello;  O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila;  O corazón de Branca de Neve, de  Francisco Castro, editados por Galaxia; O elefante branco de Xesús Fraga editado por Tambre e  A memoria da choiva, de Pedro Feijoo e  Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, editados por Xerais.

 

Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro 2013:  resultaron finalistas Sobre Ruinas de Xesúa Rábade Paredes, editado por Alvarellos; Espiral de Sombras de Xabier Seoane, editado por Kalandraka e Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias, editado por Xerais.

 

Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción 2013: Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro de María Pilar García Negro, editado por Alvarellos; Corasons do Colectivo Corasons, editado por Kalandraka; Historia da Música en Galicia de Lorena López Cobas, editado por Ouvirmos e Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, de Antón Cortizas, editado por Xerais.

 

Premio Lois Tobío á Tradución 2013: Ulises, traducido por María Alonso,  Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia; Un ianqui na corte do rei Artur, traducido por  Carlos Acevedo, editado por Kalandraka; Tonino, traducido por Yolanda Castaño, editado por OQO; A arte da Guerra de Sun Zi, traducido por  Xulio Ríos e editado por Teófilo Edicións; Eneida, traducido por Xoán Fuentes Castro, editado por Toxosoutos e Astérix e os Pictos, traducido por  Xabier Senín e Isabel Soto, editado por Xerais.

 

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013: Nicomedes o Pelado ilustrado por David Pintor e Pan de Millo ilustrado por Dani Padrón, editados por Kalandraka; Oliver Twist ilustrado por Daniela Volpari, editado por Baía.

 

Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013: resultaron finalistas As dúas casas de Alicia de Christelle Vallat, traducido por Marica Campo, e O galo Ernesto de Mondaporta,  editados por Baía; A Pantasma da Casa da Matanza  de Miro Villar, editado por Biblos;  Xogos Musicais de Luis Pregos e Marta Iglesias e Tambo de Laura García Ferro e Victor Castro Martínez, editados por Cumio; O Carnaval dos animais de Jose Antonio Abab e Joao Vaz de Carbalho e Pan de Millo de Migallas e Dani Padrón, editados por Kalandraka; Montañas na Cama de Maricuela, editado por OQO; O elefante branco de Xesús Fraga, editado por Tambre; Bágoa de Lúa de Sabela González, editado por Galaxia e Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, editado por Xerais.

 

Premio Xosefa Iglesias Villaverde ao Libro Educativo 2013 : Historia dos bonobos con gafas de Adela Turín e Nella Bosnia, editado por Kalandraka;  Historia da Literatura Galega I, de Xosé Ramón PenaVento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, editados por Xerais.

 

Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial 2013: Recursos educativas da Aula Virtual Baía da editorial Baía; Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, de Antón Cortizas, editado por Xerais; o Proxecto Corasons de Kalandraka e a serie de animación “Cocorico” de OQO.

 

Por último, na categoría ao Premio Xosé María Álvarez Blánquez ao autor/autora ou colectivo de autores en lingua Galega 2013 resultaron finalistas Berta DávilaManuel Gago, e Xosé Neira Vilas.

 

A entrega dos  Premios da Edición terá lugar no Liceo de Betanzos o próximo 21 de marzo.

 

Deixa un comentario!