Menu Xerais

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López n’A Pobra do Caramiñal

O venres, 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Tenda-Escola O Deán, rúa Rafael Calleja, 11-13 d’A Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013 e do número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Libraría Ler da Pobra e Xerais,  participarán Amparo Cerecedo, presidenta do Centro Comercial Aberto O Deán, Agustín Agra, escritor e socio de Barbantia e Xabier López López.

 

 

 

Deixa un comentario!