Menu Xerais

Presentación en Santiago de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres 31 de outubro Xurxo Souto presentará no local da Troita Armada, nunha actividade organizada en colaboración coa Asociación Cultural “ O Galo”, o seu libro Contos do mar de Irlanda, ás 20.30 horas.
Nun ambiente recollido teremos ocasión de disfrutar das súas historias, cantar un pouco e e ao final compartiremos uns pinchos con receitas e produtos dos nosos mares.

O aforo é limitado a 45 persoas, preferentemente socias.

Deixa un comentario!