Menu Xerais

Un xogo de rol no Pico Sacro para máis de 300 cativos inspírase en «Dragal», de Elena Gallego Abad

Dragal, de Elena Gallego Abad, dará lugar a un xogo de rol no Pico Sacro para máis de 300 cativos. Reproducimos a información de El Correo Gallego.

 

O Pico Sacro acollerá un xogo de rol para máis de 300 cativos

Escolares aplicarán os seus coñecementos sobre lendas en torno ao monte boqueixanés

O Pico Sacro protagonizará o próximo venres, día 20 de xuño, un xogo de rol no que participarán máis de 300 alumnos de Educación Primaria e Secundaria de sete centros educativos galegos. Esta iniciativa forma parte dun proxecto piloto desenvolvido nestes colexios durante todo o curso e que terá como actividade final unha xornada en terras boqueixanesas.

A iniciativa “toma como base a exitosa triloxía Dragal, da escritora Elena Gallego”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. As tres publicacións toman como base a figura fantástica do dragón e as lendas en torno a el. Tal e como se explica no portal web adicado á triloxía, as novelas expoñen “a historia dun rapaz que se transforma en dragón, mais co valor engadido de inserirlle tradicións e mitoloxías galegas”.

Susana Formoso Boqueixón

Deixa un comentario!