Menu Xerais

Unha emotiva historia para non perder a esperanza: «O fío vermello», de An Alfaya. Crítica de Olalla Sánchez

Olalla Sánchez publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre O fío vermello, de An Alfaya.

 

Unha emotiva historia para non perder a esperanza

Nun título tenro e cativador, no que a autora volve a render tributo á literatura de personaxes, a historia céntrase nun rapaz que bota de menos ao seu irmán maior, desaparecido. Decepcionado co mundo adulto, decide pecharse na terraza ata que el volva. O texto, brillantemente escrito, convértese nunha aventura emocional de gran dignidade, na que os protagonistas, feridos pero vivos, representan o afán de superación e a importancia dos soños como fuxida da realidade. A partir da temática de fondo, sobre a que destaca o prexudicial que pode resultar ás veces ocultar a realidade á infancia, desenvólvense varias peripecias infantís, guiadas pola amizade e pola esperanza. Unha historia madura, de crecemento persoal, doce pero amarga, que convida á reflexión.

Olalla Sánchez

Deixa un comentario!