Publicado o 30 Xaneiro, 2015 nas categorías Álbums, Merlín
O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de Meira Paz sobre Pablo Rosendo e o álbum ilustrado que acaba de publicar na colección Merliño de Xerais: O can Gastón anda tristeiro.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2015 nas categorías Narrativa, Novidades
A antesala luminosa, de Antonio Tizón, é unha novidade da colección Narrativa.
O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2015 nas categorías Críticas, Poesía
Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.
«ATRAVESAR O FANTASMA» [ CARLOS CALLÓN ]
Afectos e cicatrices desde a memoria
Unha sorte de crestomatía, persoal e lírica, que percorre tematicamente a metade dunha vida é o que ofrece Carlos Callón neste libro.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2015 nas categorías Clubs_de_lectura, Formig4s, Infantil
O primeiro volume da serie Formig4s, de Pere Tobaruela, centrará mañá sábado 29 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.
As formigas invaden o Lendo Contigo
Este sábado 31 de xaneiro, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. A lectura que lemos nesta ocasión é Formigas.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2015 nas categorías Blogs, Críticas
O xornalista César Lorenzo Gil recomenda no seu blog Biosbardia estas catro obras de Xerais entre as máis destacables de 2014.
0. O Miño, un caudal de historia, de Anselmo López Carreira
O autor, un dos máis importantes historiadores galegos vivos, medrou ao carón do río Miño, en Ourense. Neste libro réndelle unha homenaxe ao seu xeito, o xeito dun especialista no pasado da nación.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2015 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
O Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a a Agustín Fernández Paz.
A entrevista pode lerse ou descargarse aquí.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2015 nas categorías Críticas, Formig4s, Infantil
María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Formig4s. Misión París, o primeiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2015 nas categorías Ensaio, Historia, LibroX, Novidades
O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, é unha novidade da colección LIBROX.
O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2015 nas categorías Estudos literarios, Infantil, Xuvenil
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o libro Inmigración/Emigración na LIX, de Rede Temática de Investigación LIJMI, coordinado por Blanca Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 4 de febreiro, ás 20,00 h., no Local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22, Cidade Vella da Coruña, terá lugar a presentación do libro A antesala luminosa de Antonio Tizón.
No acto, organizado coa colaboración de Amigos dos Museos de Galicia, participarán Juan Carlos Díaz del Valle, Cándido Barral, Rosalía Cotelo, Manuel Bragado e Antonio Tizón.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa
Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña co escritor con Xosé Vázquez Pintor (fotografía de Bernabé / Javier).
«La novela ‘Antípodas’ es una ensoñación sobre recuperar la dignidad hoy en día»
Publica en breve sus últimas obras, incluido el segundo volumen de ‘Columnas de papel’
Vive a caballo entre Agolada y Cangas do Morrazo, lugar donde atiende la llamada de FARO DE VIGO.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2015 nas categorías Narrativa, Novidades
A novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, é unha novidade da colección Narrativa.
Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda –o seu can–, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014.
Ler máis →