Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

«Os días condenados» de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, unha nova voz da poesía galega

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de P. Calveiro sobre a presentación onte en Compostela de Os días condenados. Fragmentos para un devocionario de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, Premio de Poesía Gonzalo López Abente, 2014. (Foto de Xoán A. Soler / La Voz de Galicia).     Recoñecen a Araújo Cardalda, premio López Abente, como a «nova voz» da poesía galega «Os días condenados.

Xurados de lectores e lectoras nos premios Xerais

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a convocatoria para escoller tres persoas que desexen participar como membros dos xurados dos Premios Xerais 2015.

Novidade: «Dos días escuros», de Mª Carmen Caramés Gorgal, Premio de Poesía Johán Carballeira

Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, é unha novidade da colección Poesía XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión.

Presentación na Coruña de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 26 de febreiro, ás 20:00 horas, dentro da ruta náutico-literaria, a viaxe a Gran Sol, sen saír da Coruña, Xurxo Souto recala este xoves na biblioteca da AAVV de Monte-Alto (Campo de Marte), para falar de Contos do mar de Irlanda. Como xa ten acontecido noutras citas, Os Contos do Mar de Irlanda serán escusa para que diferentes veciñas e veciños do barrio conten historias do mar nas que eles son protagonista.

Queres participar nalgún dos xurados dos Premios Xerais 2015?

Despois de tres décadas de protagonismo dos lectores e lectoras non profesionais nos xurados dos seus premios literarios, Xerais acordou neste ano 2015 abrir a posibilidade de que participen neles aquelas persoas que así o desexen.

Dolores Redondo: «Esa sensación de que alguén está a mentir, de que hai algo oculto, non se pode argumentar racionalmente»

O xornal El Correo Gallego publica unha entrevista de Fran P. Lorenzo a con Dolores Redondo, autora das novelas O gardián invisible,  Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, que forman a exitosa triloxía de novela negra ambientada no  Val_do_Baztán.

Novidade: «As palabras poden matar», de Marcos Calveiro. Sobre un lugar onde impera a violencia

As palabras poden matar, de Marcos Calveiro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar.

A emigración, un feito que marcou a historia de Galicia: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez

A edición de Ourense de La Voz de Galicia publicou unha información sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Coller as rendas” de Yolanda Castaño

O sábado, 28 de febreiro, ás 18:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar o contacontos para pequen@s lector@s arredor do libro Coller as rendas de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás. No acto, organizado pola librería Moito Conto e Xerais, participarán Yolanda Castaño, Xosé Tomás e Manuel Bragado.

Presentación en Lalín de “Antípodas” de Xosé Vázquez Pintor

O venres, 27 de febreiro, ás 20:30 horas, no Museo de Lalín, rúa Ramón María Aller, 9 de Lalín, terá lugar a presentación do libro Antípodas de Xosé Vazquez Pintor. No acto, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lalín e Xerais, participarán Marisa Álvarez, Manuel Bragado e Xosé Vázquez Pintor.

Presentación en Bueu de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón

O venres, 27 de febreiro, ás 20:30 horas, no Museo Massó de Bueu, terá lugar a presentación do poemario Atravesar o fantasma de Carlos Callón. O acto está organizado polo Club Golfiños de Bueu e Xerais e conta coa colaboración do Museo Massó.

Un autor que sabe facer con sabedoría: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Anotación en Brétemas

Un autor que sabe facer con sabedoría: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez.     «Cuarto minguante» Non pode quedar atrás recoller as palabras que Pilar García Negro pronunciou no serán do pasado sábado en Casal de Armán na presentación de Cuarto minguante, a primeira novela de Bautista Álvarez.