Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

Manuel Blanco Desar: «A única saída ao déficit demográfico é o colapso ou unha inmigración masiva»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Sofía Vázquez a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un libro que conseguiu pórme o pelos de punta: «Cartas de amor», de Fran Alonso. Recensión de Sabela Cabanelas

Sabela Cabanelas publicou no seu blog Looking for Four Stars unha recensión de Cartas da amor, de Fran Alonso.     Cartas de amor, de Fran Alonso Este libro, trata moitos temas, como ben explica na sinopse. Trátase de nove cartas, todas escitas por mulleres, nas que elas narran os seus problemas.

Dolores Redondo: «As historias máxicas da miña novela proceden da miña avoa galega»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo á escritora Dolores Redondo en torno ao libro Ofrenda á tormenta na libraría Cronopios de Pontevedra.

Histórico, identitario, ensaístico, confesional: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.     Isto si que é un ensaio En todas as literaturas e non só na galega, adoitan pasar por ensaios obras que non son outra cousa que resumos ou adaptacións de memorias, estudos ou incluso teses de doutoramento.

Un problema social que nos enche de interrogantes: «As palabras poden matar», de Marcos Calveiro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre As palabras poden matar, de Marcos Calveiro.   As palabras poden matar Silencio. As palabras poden matar. O medo pode axudar a sobrevivir. Ou a malvivir. Mentres hai vida, hai esperanza. Mentres respiremos, podemos dicir que estamos vivos. Aínda que ao noso arredor só haxa inxustiza, vinganza, pobreza, morte.

Bautista Álvarez: «A emigración a América foi o verdadeiro drama». Entrevista de Carme Vidal

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Bautista Álvarez sobre a súa novela Cuarto minguante.   Bautista Álvarez “A emigración é o noso gran drama e merecía ter máis consideración literaria” Con Retallos daquela infancia,Bautista Álvarez descubriuse como escritor de narrativa. Tan só un ano despois sae publicada a súa primeira novela, Cuarto minguante (Xerais).

A riqueza da cultura da lareira: «Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías», en edición de Antonio Reigosa. Por X. M. Gómez Vilabella

Reproducimos o texto de Xosé María Gómez Vilabella na presentación do libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López.

Novela cun dos inicios máis potentes dos últimos tempos: «Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo. Crítica de Pilar Ponte

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, o derradeiro volume da triloxía_do_Baztán. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

O río que vertebra a nosa identidade: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira..

Unha novela que se deixa bicar pola lingua: «Antípodas» de Xosé Vázquez Pintor

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor.     «Antípodas» de Xosé Vázquez Pintor Na libraría Maraxe de Cangas do noso admirado Lito acompañamos onte a Xosé Vazquez Pintor na presentación de Antípodas, a súa novela máis poética de derrotas e resistencias.

Rosa Aneiros: «A literatura, para quen le e para quen escribe, é un exercicio de tolerancia infinito»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora Rosa Aneiros   Rosa Aneiros: unha literatura comprometida Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é unha das narradoras contemporáneas máis lidas da nosa literatura. O seu principal salto deuno no ano 2002 coa obra Resistencia. Pero será o 2009 o seu “annus mirabilis”coas súas obras Sol de Inverno e Ás de bolboreta.

Un gran debate sobre novela negra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o encontro que congregou no IES Torrente Ballester de Pontevedra  ao escritores Dolores Redondo, Domingo Villar e Pedro Feijoo, moderados por Ramón Rozas. Pedro Feijoo tamén publicou no seu blog unha valoración sobre o acto.