Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

Presentación en Santiago de “Amor en alpargatas” de Manuel Portas

O xoves, 26 de febreiro, ás 20:00 horas, no Airas Nunes Café, rúa do Vilar, 17 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Amor en alpargatas de Manuel Portas. No acto participarán Dolores Vilavedra, Bieito Iglesias, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Santiago de “Os días condenados” de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda

O mércores, 25 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Os días condenados. Fragmentos para un devocionario de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (Premio de Poesía Gonzalo López Abente, 2014). No acto, organizado pola Fundación Gonzalo López Abente, a libraría Couceiro e Xerais, participarán Clara Pino (cantante e arpista), X. H.

Presentación de “dun lago escuro” na Coruña

O luns, 23 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Suévia, Vila de Negreira, 32 da Coruña, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro de Marta Dacosta (Premio Johán Carballeira 2013). No acto participarán Yolanda Castaño e Marta Dacosta.

Novela moi entretida: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.

Javier Domínguez: «Cada concerto de Los Suaves semella sempre o primeiro e o derradeiro»

O Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a a Javier Domínguez sobre o  libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, publicado na colección Extramuros. A entrevista pode lerse ou descargarse aquí.

Dolores Redondo: «Un feito real inspirou o crime da miña novela e aínda está baixo segredo de sumario». Entrevista na Radio Galega

O programa Galicia por Diante da Radio Galega emitiu unha entrevista con Dolores Redondo, autora das novelas O gardián invisible,  Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, que forman a exitosa triloxía de novela negra ambientada no  Val_do_Baztán.

Novidade: «oso, mamá, si?», de María Lado. O longo e escarpado camiño vital que percorremos

oso, mamá, si?, de María Lado, é unha novidade da colección Poesía. Coidado… coidado, ti, lector; amodo, pois este libro que tes nas túas mans agora mesmo é fráxil coma o punto xusto máxico de unión de dúas cereixas nos días de primavera. Así é. Aínda que este oso, mamá, si? é brutalmente sincero coma un temporal na fisterra máis atlántica e animal.

Vivir o medo: «Augusta e os seus medos», de Sabela Fernández Trelles e Alicia Suárez. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles, ilustrado por Alicia Suárez Otero.   Augusta e os seus medos Celebramos a publicación na editorial Xerais dun álbum ilustrado coma este que hoxe nos ocupa: Augusta e os seus medos é de Sabela Fernández Trelles con ilustracións da que foi a miña prezada compañeira de traballo Alicia Suárez.

Lucio Martínez: «Filgueira participou da represión do franquismo mais iso eliminouse dos documentos». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Lucio Martínez Pereda, sobre  Medo político e control social na retagarda franquista, unha novidade da colección Crónica.

Dolores Redondo fala en Galicia de «Ofrenda á tormenta», novela sobre un crime arrepiante envolto na mitoloxía do Val do Baztán. Reportaxe na TVG

O programa Zig Zag, da TVG, emitiu unha reportaxe sobre a presenza en Galicia de Dolores Redondo, autora da exitosa triloxía de novela negra ambientada no  Val_do_Baztán, formada polos títulos O gardián invisible,  Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, publicados por Xerais.

Novidade: «Medo político e control social na retagarda franquista» de Lucio Martínez Pereda. O retrato dunha sociedade amedrentada

O libro Medo político e control social na retagarda franquista, de  Lucio Martínez Pereda, é unha novidade da colección Crónica. Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu.

Manuel Portas: «O da miña novela é un tema que preocupa a boa parte da intelligentzia deste país»

Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Manuel Portas sobre a súa nova novela, Amor en alpargatas.