Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

Ledicia Costas: «Decidín deixar o oficio de avogada e meterme de cheo na escrita»

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Ledicia Costas sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, a novela gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, que foi seleccionada para a lista do IBBY do bienio 2015-2016 e tamén resultou elixida como Mellor libro infantil para os lectores de Fervenzas Literarias. Escarlatina, a cociñeira defunta estase a converter nun verdadeiro fenómeno literario.

Natureza e cultura en «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Natureza e cultura en «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López.

Un pouco de Suso de Toro é moito: «Somnámbulos». Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre sobre Somnámbulos, de Suso de Toro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «Amor en alpargatas», de Manuel Portas. Unha historia de amor no medio das loitas fratricidas do nacionalismo galego

A novela Amor en alpargatas, de Manuel Portas, é unha novidade de Narrativa. Amor en alpargatas non é unha historia real, aínda que podería selo. Por veces, os personaxes desta novela presentan reminiscencias biográficas que facilmente resoan na nosa memoria colectiva recente.

101 relatos ligados á tradición oral, de 52 autores en «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa

A web Galicia Confidencial publicou unha información sobre Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López.

A erudición literaria está de noraboa: «Historia da Literatura Galega II. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena. Artigo de Xesús Alonso Montero

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, publicou en La Voz de Galicia un artigo sobre sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena. O artigo pode lerse ou descargarse neste enlace.

Agustín Fernández Paz, proposto para o Premio Nobel de Literatura pola AELG

Agustín Fernández Paz, proposto para o Premio Nobel de Literatura pola AELG

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a candidatura de con Agustín Fernández Paz  ao Premio Nobel de Literatura.   Agustín ao Nóbel Chamoume a atención o escaso eco que onte tivo nos medios a candidatura de Agustín Fernández Paz ao premio Nóbel de literatura presentada pola AELG. O nome do autor de Contos por palabras engádese aos de X.L.

A escritora Dolores Redondo visita Galicia esta semana

Nesta semana do 16 ao 20 de febreiro, Dolores Redondo, autora da exitosa triloxía ambientada no  Val_do_Baztán, visitará Galicia para manter varios encontros cos seus numerosos lecto@s Os tres títulos, O gardián invisible,  Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, publicados por Xerais na colección Narrativa, están traducidos a trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil,

Presentación en Ribadavia de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez

O sábado, 21 de febreiro, ás 17:30 horas, no restaurante Casal de Armán, na parroquia de Santo André de Campo Redondo, en Ribadavia, tera lugar a presentación da novela Cuarto minguante de Bautista Álvarez.     No acto, organizado pola Mesa O Carballiño-Ribeiro, a Agrupación Cultural Auriense, a Fundación Bautista Álvarez e Xerais, intervirán Pilar García Negro, Manuel Bragado e Bautista Álvarez.

Presentación en Cangas de “Antípodas” de Xosé Vázquez Pintor

O xoves, 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na librería Maraxe, Avda de Marín, 9 de Cangas, terá lugar a presentación da novela Antípodas de Xosé Vázquez Pintor. No acto participarán Manuel Bragado e Xosé Vázquez Pintor.

Presentación en Carballo de “Galicia: un pobo con futuro?” edición de Manuel Blanco Desar

O venres, 20 de febreiro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, rúa de Bos Aires, s/nº de Carballo, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico edición de Manuel Blanco Desar. No acto, organizado polo Instituto de estudos das identidades, o Museo do Pobo Galego, a Biblioteca de Carballo e Xerais, participarán Evencio Ferrero, Justo Beramendi e Manuel Blanco Desar.

Crítica de Rodríguez Alonso sobre o «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato»

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato.