Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

A escritora Dolores Redondo visita Galicia

A semana do 16 ao 20 de febreiro, Dolores Redondo, autora da exitosa triloxía ambientada no Val de Baztán, visitará Galicia para manter varios encontros cos seus numerosos lecto@s Os tres títulos, O gardián invisible, Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta , publicados por Xerais na colección Narrativa, están traducidos a trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, norueg

Os mil e un contos da Galicia encantada. Reportaxe de Xesús Fraga sobre a proposta de Antonio Reigosa

Xesús Fraga publicou en La Voz de Galicia unha información sobre Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López.

«Somnámbulos», de Suso de Toro, e «A memoria da chuvia», de Pedro Feijoo, finalistas do Premio Arcebispo San Clemente

O Premio Literario Arcebispo San Clemente fixo públicos os libros finalistas da súa nova edición, tal e como informan algúns medios como algúns medios. En lingua galega, os libros finalistas son lengua gallega Somnámbulos (Xerais) de Suso de Toro, A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, ambos os dous publicados por Xerais, e A lúa da colleita, de Anxos Sumai (Galaxia).

Inseguridade e medos: «Augusta e os seus medos», de Sabela Fernández Trelles e Alicia Suárez. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da Crítica unha recensión sobre o álbum ilustrado Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles, ilustrado por Alicia Suárez Otero.

Un libro como unha viaxe: «Caderno do Nilo». Artigo de Teresa Serara

Reproducimos o texto coa intervención de Teresa Seara sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias, lido o 16 de xaneiro na libraría «A lus do candil» de Arteixo.   Caderno do Nilo          Desde o momento exacto en que abrimos os ollos á vida, crávasenos profundamente o aguillón da curiosidade, un forte desexo por desentrañarmos os segredos e marabillas do entorno.

Dragal, a evolución da serie do dragón. Por César Lorenzo

No artigo «Nova parada nas sagas galegas de fantasía» publicado en Biosbardia o xornalista César Lorenzo Gil repasa o proceso evolutivo da serie Dragal, de Elena Gallego.   Dragal No 2010, o xurado do Premio de Literatura Xuvenil que convoca Xerais le o primeiro orixinal dunha aventura que buscaba nas propias raíces da tradición épica galega un conto sobre o encontro dun dragón e un rapaz de hoxe en día.

Que debe ter unha obra literaria en galego para vender máis de 40.000 exemplares?

A web Letra en Obras publicou unha anotación sobre os libros que venden máis de 40.000 exemplares.   Que debe ter unha obra literaria en galego para vender máis de 40.000 exemplares? Nun mercado interno pequeno, e por riba non normalizado, como é o noso que unha novela chegue a vender 2.000 exemplares é xa nova. Comentabamos nunha nova de 2013 que a tiraxe media dunha novela era de 1.

Novela negra sobre a negra vida: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Conduce rápido, de Diego Ameixeiras.   A NEGRA VIDA Hai veces, na vida, que non sae nada, por moito que un o intente o fracaso é o único destino posíbel. Na vida de calquera.

«Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas, entra na lista de honra do IBBY

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrada na lista do IBBY de Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.    «Escarlatina» na lista de honra do IBBY Recibimos con satisfacción a noticia da elección de Escarlatina. A cociñeira defunta de Ledicia Costas para formar parte da Lista de Honra do IBBY do bienio 2015-2016.

Volve «Dragal», de Elena Gallego. Anotación no blog Leckreka

O blog xuvenil Libros Lectureka publicou unha anotación anunciando a saída e continuidade da serie Dragal, de Elena Gallego cun novo título, Dragal IV, A estirpe do Dragón, que verá a luz no vindeiro mes de abril.   ¡Magia! No… no sé si sois conscientes de lo que acabáis de ver.

Un libro de fronteira, para a mocidade, que defende a diferencia: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, ilustrado por Óscar Villán. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Aquí vai haber sangue…» Dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras. Por Elisa Gil

Elisa Gil publicou en La Región un artigo sobre a traxectoria literaria de Diego Ameixeiras.     Aquí vai haber sangue Repasamos os dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras A primeira vez que lin as andanzas do detective Horacio Dopico non puiden evitar procuralo polas rúas do Couto. Imaxinábao compartindo cervexas con algún confidente no Auriense ou fumando apoiado na porta no desaparecido Rock Club.