Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

Jacobo Fernández Serrano: «Na banda deseñada en galego conseguir facer sagas longas foi até agora bastante complicado»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Jacobo Fernández Serrano centrado en Marcopola.   Jacobo Fernández Serrano: “O tempo verbal das miñas obras é o pretérito xogativo” É un dos artistas gráficos máis destacados do momento. Técnica depurada e imaxinación sen límites.

Antonio Reigosa: «Os prexuízos existen e aínda hai menosprezo pola cultura popular». Entrevista sobre «Galicia Encantada»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu onte unha entrevista a Antonio Reigosa, sobre o libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, ilustrado por Noemí López.

Poesía xuvenil crítica, anti-patriarcal e rebelde: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou na revista Criaturas unha recensión crítica sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, ilustrado por Óscar Villán.

Medos, animais en verso e cans tristeiros nos novos álbums de Xerais. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre os novos álbums ilustrados de Xerais: Coller as rendas de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, O can Gastón anda tristeiro, de Pablo Rosendo e Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles e Alicia Suárez Otero.

Longsellers

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os longsellers de Xerais. Longsellers Onte anunciamos en Twitter a chegada da imprenta de catro reedicións de títulos veteranos no catálogo de Xerais Narrativa: a 18ª d’ O crepúsculo e as formigas de Ferrín, a 17ª de Morning star, a 9ª d’ O club da calceta de María Reimóndez e a 5ª de Peaxes de Santiago Lopo.

Presentación en Vigo de “Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros” de María Xosé Queizán

O mércores, 11 de febreiro, ás 19:oo horas, no Centro de Documentación e Recursos Feministas, Biblioteca Pública Central, rúa Joaquín Yáñez, 6-2º de Vigo, terá lugar a presentación do libro Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros de María Xosé Queizán. No acto, organizado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo, participarán Anaír Rodríguez e María Xosé Queizán.

A Coruña, escenario de novela negra: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.

Unha historia chea de lirismo: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.   Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey con ilustracións de Laura Súa Campos; unhas imaxes con moito movemento e liñas curvas que nos traen o aire dunha época que coñecemos a través das postais.

O novo álbum de Astérix sairá o 22 de outubro

O blog Metrópoles delirantes publicou unha información sobre o novo álbum de Astérix, que sairá á luz o 22 de outubro de 2015 e editará Xerais.

Presentación en Cangas de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 12 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Maraxe, Avda de Marín, 9 de Cangas, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda  de Xurxo Souto e o proxecto de documental “Os gaiteiros do mar”(en homenaxe aos gaiteiros de Cangas, Lito de Pinténse Manoliño de Donón). O Gran Sol é unha referencia emocional para a maioría das galegas e galegos.

Presentación en Lugo de “Galicia Encantada” edición de Antonio Reigosa

O martes, 10 de febreiro, ás 19:30 horas, na Librería Trama, Avda da Coruña, 21 de Lugo, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa. O acto contará coa participación de Noemí López,  Manuel Bragado e Antonio Reigosa que manterán un faladoiro con J.

Apaixonante lectura: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.     «A antesala luminosa» de Antonio Tizón Gran presentación a do serán (moi frío) de onte na cidade vella coruñesa.