Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

María Reimóndez reinvindica en «Dende o conflito» o activismo das reporteiras de guerra. Reportaxe de Jaureguizar

O xornalista e escritor Jaureguizar publicou en El Progreso unha reportaxe sobre Dende o conflito, de María Reimóndez. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.

Magnífica proposta: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, ilustrado por Óscar Villán. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Dúas tramas nunha novela rica: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Texto de Rosalía Cotelo

Reproducimos a intervención de Rosalía Cotelo sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón, na presentación de onte na Coruña.   A antesala luminosa é unha novela que desborda xéneros e expectativas, como a luz desborda unha estancia ou o líquido desborda un vaso. Nese desbordamento non hai desmesura, senón a promesa dunha riqueza temática e literaria que invita a seguir lendo.

Antonio Tizón: «Esta novela é politicamente incorrecta, ten moito sexo»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Rodri García co escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa. (Foto de Marcos Míguez)   «Esta novela é politicamente incorrecta, ten moito sexo» Tizón etiqueta a obra de «mulata», xa que usa a trama negra «como envoltorio para falar do amor, da vida, da morte…» A noite de San Xoán deixa dous cadáveres calcinados na praia do Matadero.

Unha verdadeira crónica social: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a novela Conduce rápido, de Diego Ameixeiras.   «Conduce rápido»: un friso da negrura Unha das teimas de Diego Ameixeiras como narrador é a de ser unha fiel testemuña do que acontece nas rúas, sobre todo nas rúas das nosas cidades.

Dragal, unha triloxía para animar a ler

Dragal, unha triloxía para animar a ler

O Faro de Vigo publicou unha onte reportaxe sobre a saga Dragal, de Elena Gallego baixo o título «Unha triloxía para animar a ler». A escritora Elena Gallego participa no Proxecto Dragal da Consellería de Educación que ten como base a súa triloxía literaria.

Xosé Vázquez Pintor: «Esta novela é un lóstrego na noite»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López a Xosé Vázquez Pintor sobre a novela Antípodas. A entrevistas pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A amizade entre un cadeliño e un neno: «O can Gastón anda tristeiro», de Pablo Rosendo. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O can Gastón anda tristeiro, escrito e ilustrado por Pablo Rosendo.   O can Gastón anda tristeiro Outra novidade da editorial Xerais na súa colección Merliño é este O can Gastón anda tristeiro de Pablo Rosendo.

«A antesala luminosa», de Antonio Tizón: novela con pousos de saúde mental. Recomendada na páxina de FEAFES Galicia

A web de FEAFES Galicia recomenda a lectura de A antesala luminosa, de Antonio Tizón.     «A antesala luminosa», novela con pousos de saúde mental O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000.

O ano literario 2014: libros para ler e mercar, por Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, un artigo con recomendacións de lectura en torno a libros publicados no 2014. O artigo pode lerse nesta ligazón.

Antonio Tizón: «Utilizo a novela negra como coartada para tratar os temas que realmente me interesan, como a loucura»

La Opinión de A Coruña publicou unha entrevista de José Manuel Gutiérrez co escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa.     Antonio Tizón Autor de ‘A antesala luminosa’, novela ambientada na Coruña «A novela negra é tamén unha forma de retratar unha sociedade corrupta» «Eu son bipolar, pero isto non é un manual de autoaxuda para bipolares escrito por un bipolar.

Rima e ritmo: «Coller as rendas», de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum Coller as rendas, de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás.