Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2015

«Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas, en Infantil e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas», son os libros galegos máis vendidos en Infantil e Xuvenil respectivamente

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xaneiro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. A novela Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros,, é o libro máis vendido no  ámbito Xuvenil e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en infantil.

«Antípodas», de Xosé Vázquez Pintor, entre os libros máis recomendados na Tabela dos libros de xaneiro

A novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, é un dos libros máis recomendados de xaneiro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo.

Finalistas dos Premios da Edición

A Asociación Galega de Editores fixo pública a lista dos libros finalistas dos Premios da Edición 2014. Os galadróns elíxense nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias.

Presentación en Betanzos de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O  venres 6 de febreiro, ás 20:30 horas, no salón azul da Aula Municipal de Cultura de Betanzos, dentro das Xornadas Oceánicas organizadas pola Asociación Cultural Roxín Roxal, terá lugar a presentación dos libros: Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, e De Liverpool ás Sisargas: a derradeira viaxe do Priam, de Xabier Maceiras e Fernando Patrico.

Presentación en Vigo de “Galicia: un pobo con futuro? edición de Manuel Blanco Desar

O xoves, 5 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Andel, Avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico edición de Manuel Blanco Desar. No acto, organizado polo Museo do Pobo Galego, a libraría Andel e Xerais, participarán Santiago González Avión, Xosé Manuel González Reboredo,  Manuel Blanco Desar e Manuel Bragado.