Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2015

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto, «Escarlatina, a cociñeira defunta» de Ledicia Costas, e «Atravesar o fantasma» de Carlos Callón, libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de febreiro a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas.

Contos de tradición oral popular de agora e de sempre: «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López.       Contos de tradición oral popular de agora e de sempre Antonio Reigosa edita neste volume unha selección de contos de tradición popular de agora e de sempre.

«Amor en alpargatas», de Manuel Portas e «O Miño. Un caudal de historia» de Anselmo López Carreira encabezan o ranquing da Tabela dos libros de marzo

Amor en alpargatas, de Manuel Portas, e O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, sitúanse no primeiro e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Unha Galicia próxima pero esquecida: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez. Dunha Galicia próxima, mais esquecida Bautista Álvarez ofrécenos nesta novela a imaxe dunha Galicia aínda próxima, mais que hoxe parece esquecida.

Anotación en Brétemas sobre a presentación de «Coller as rendas», de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do álbum de poesía infantil Coller as rendas, de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás. O Faro de Vigo publicou, tamén, unha noticia sobre a presentación.

Marta Dacosta: «Para min a poesía é imprescindible e infalible»

La Opinión publicou unha entrevista de E. Carballo coa escritora Marta Dacosta sobre o seu último poemario, dun lago escuro.

Realidades duras que conviven canda nós: «De cristal», de Silvestre Gómez Xurxo. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo.     De cristal Silvestre Gómez Xurxo reúne en De cristal, publicado por Xerais, cinco relatos que falan de realidades duras que conviven na nosa sociedade e que ás veces nin vemos nin queremos ver.