Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2015

Presentación en Lugo de “Funambulistas” de Mercedes Leobalde

O venres, 27 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Lugo, Praza Maior, s/nº, terá lugar a presentación do libro Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, organizado polo Concello de Lugo. No acto participarán Xosé López Orozco (Alcalde de Lugo), Carmen Basadre (Concelleira de Cultura), Manuel Bragado e Mercedes Leobalde.

Presentación en Pontevedra de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, dentro do ciclo “En paralelo: Noites de literatura e cine”, Xurxo Souto presenta “Océano para terrícolas”, unha parolada-concerto para embarcármonos nas mil travesías do seu libro Contos do mar de Irlanda.

Antonio Tizón: «Espinme por completo nesta novela»

O xornal El Correo Gallego publicou unha entrevista de Fran P. Lorenzo ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Anselmo López Carreira: «Viaxar polo Miño é unha excursión magnífica»

O programa Galicia por Diante da Radio Galega emitiu unha entrevista ao historiador Anselmo López Carreira sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.

Bases do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, que publica Xerais

Damos a coñecer as bases do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, que publica Xerais e está convocado pola Fundación Gonzalo López Abente.  Os orixinais deben ser presentados antes do 27 de abril de 2015. As bases poden consultarse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Pura poesía urbana: «Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll», de Javier Domínguez. Artigo de Salvador Rodríguez

Salvador Rodríguez publicou no Faro de Vigo un artigo sobre Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez. O artigo pode lerse ou descargarse neste enlace.

Rosa Aneiros: «A cultura entra pola boca». Entrevista no blog gastronómico Bolboretas no bandullo

O blog de cociña Bolboretas no bandullo publicou unha entrevista coa escritora Rosa Aneiros.     Bolboreteando con… Rosa Aneiros Pensabades que nos esquecíamos da sección “Bolboreteando con…” Non, ao contrario, estábamos traballando para vos presentar un novo artigo en que contamos coa colaboración dunha das nosas grandes novelistas, Rosa Aneiros.

Un verdadeiro galano das letras: «Antípodas», de Xosé Vázquez Pintor. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor.     «Antípodas»: navegar nas gamelas da memoria Antípodas é, en palabras de Xosé Vázquez Pintor, a “resonancia magnética” que vai más alá, cara ao profundo da ensoñación, das liberdades e das luces.

Espazos de dor: «Dos días escuros», de Mª Carmen Caramés Gorgal. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Ensaio rigoroso e oceánico: «Medo político e control social na retagarda franquista» de Lucio Martínez Pereda. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Medo político e control social na retagarda franquista, de  Lucio Martínez Pereda.

As dúas esencias da literatura, a fantástica e a real: «Rubicundo», de María Canosa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis pubicou unha anotación sobre Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.     Rubicundo María Canosa é a autora de Rubicundo, libro que vén de publicar a editorial Xerais e no que se menciona que foi finalista no Premio da XXIX edición do Merlín de Literatura Infantil 2014. O libro conta, asemade, coas acaídas ilustracións de Nuria Díaz.

Vigo, Gran Vía nº 2: «Cabalos e lobos» / Toma 3 (Book teaser). No blog de Fran P. Lorenzo

O xornalista e escritor Fran P. Lorenzo publicou no seu blog unha nova anotación sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014, que Xerais publicará o vindeiro mes.   «Cabalos e lobos»/ Toma 3 Un concepto atravesa de principio a fin Cabalos e lobos: o espazo e a súa maneira de delimitar a existencia das persoas.