Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2015

Presentación en Santiago de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O xoves, 26 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría Pedreira de Santiago, terá lugar a presentación da novela Costa do Solpor (Premio da Crítica Galicia, 2014) de Xosé Mª Lema. Costa do Solpor é unha novela de aventuras na Galicia costeira do século XVIII que narra a viaxe de volta da Illa do Tesouro.

Entrevista a Carlos Callón en Correo Televisión sobre «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez»

Correo Televisión emitiu unha entrevista con Carlos Callón sobre e Como falar e escribir en galego con correción e fluidez. Desde o blog do autor.   O serán da vindeira terza feira, 24 de marzo, a televisión local de Compostela Correo TV emitirá unha entrevista sobre o poemario Atravesar o fantasma.

Presentación en Santiago de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez

Debido a enfermidade do autor, suspéndese esta presentación. Desculpen as molestias.

Presentación en Vigo de “oso, mamá, si?” de María Lado

O xoves, 26 de marzo, ás 20:00 horas, na librería Cartabón, rúa Urzáiz, 125 de Vigo, terá lugar a presentación do libro oso, mamá, si? de María Lado. No acto participarán Fran Alonso e María Lado.

Unha ferramenta incrible que une o lingüístico e a educación visual: «Xenaro e a negra sombra», de Mar Guerra

Unha ferramenta incrible que une o lingüístico e a educación visual: «Xenaro e a negra sombra», de Mar Guerra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Xenaro e a negra sombra, de Mar Guerra, ilustrado por Fernando Llorente.   «Xenaro e a negra sombra» de Mar Guerra Na magnífica libraría Moito Conto da Coruña, especializada en literatura infantil e xuvenil, presentamos onte Xenaro e a negra sombra , a novela de Mar Guerra ilustrada por Fernando Llorente.

Xosé Vázquez Pintor: «A dignidade de Galiza está sobremaneira na lingua»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias a Xosé Vázquez Pintor sobre a súa nova novela Antípodas.

Novidade: «O corazón da maxia», de Xavier Estévez. A historia que Laura inventa no hospital

O corazón da maxia, de Xavier Estévez, ilustrado por Santy Gutiérrez, é unha novidade da colección Merlín. Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse.

Un libro que é arca de contos da nosa tradición oral: «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.   «Galicia Encantada» A presentación no Ateneo de Pontevedra de Galicia Encantada.

Novela ben substanciosa: «Rubicundo», de María Canosa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión crítica de Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   Rubicundo, de María Canosa Non albergo dúbidas diante do feito de que María Canosa vén ocupando un salientable espazo, desde hai anos, no ámbito da literatura infantil e xuvenil.

Presentación en Santiago de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón

O mércores, 25 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación da novela A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto participarán Ramón Rodríguez, Aser Álvarez, Lucía Pérez Ramírez, Manuel Bragado e Antonio Tizón.

Antonio Reigosa: «Vivir no cabo do mundo marca culturalmente»

O xornalista Tino Santiago entrevistou no programa Zig-Zag Eirado da TVG ao escritor Antonio Reigosa, sobre o libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, ilustrado por Noemí López.

Novidade: «Rubicundo», de María Canosa. Un veciño algo raro

Rubicundo, de María Canosa, é unha novidade da colección Merlín. Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás.