Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2015

Jaureguizar no Bo-Catas Literarios do Museo Interactivo da Historia de Lugo

BO-CATAS LITERARIOS E como tamén as nenas e os nenos queren saber de literatura, temos previstos uns bocatas literarios especiais para eles, aínda que neste caso permitirase tamén a asistencia de maiores. Un escritor ou escritora da chamada literatura infanto-xuvenil comentarán a súa obra e responderán ás preguntas e observacións dos asistentes.

Presentación de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón en Santiago

O xoves, 12 de marzo, ás 20:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Atravesar o fantasma de Carlos Callón coa participación de Fran Conde, Montse Dopico, Manuel Bragado e Carlos Callón.

Roteiro literario con Manuel Rivas o vindeiro sábado en torno a «Os Libros Arden Mal» dentro da programación da Coruña Literaria

O vindeiro sábado 14 terá lugar un roteiro literario na Coruña, guidado polo escritor Manuel Rivas, en torno á novela Os Libros Arden Mal, que se realiza dentro da programación da Coruña Literaria. O roteiro partirá ás 12 h, desde A Dársena (Portal Real, antiga Avenida da República).

Novidade: «A rula, o peluche e a nena», de Paco Martín. A historia dunha rula moi curiosa

A rula, o peluche e a nena, de Paco Martín, é unha novidade da colección Merlín, ilustrada por Belén Martín Franco. Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non teñen nome porque ninguén llelo pon, pero esta chámase Airosiña.

Forza e control: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago. Crítica de María Reimóndez

María Reimóndez publicou en A Sega unha recensión sobre a novela O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014.   Forza e control Se algunha vez alguén tivo dúbida da conexión entre os mundos da fantasía, no literario e fóra, e aqueles que denominamos “o real” (deixarei a crítica da Matrix para outro día) achegarse a O Gran Reino acabará de disipar esas incertezas.

Un libro magnífico e conmovedor: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Crítica de Xabier Senín

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Xabier Senín sobre a novela Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Ramón Caride: «A literatura galega ten grandes obras pero non unha novela de consumo con referentes propios». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou en Praza Pública publicou unha entrevista ao escritor Ramón Caride.   «A literatura galega ten grandes obras pero non unha novela de nivel de consumo con referentes propios» A violencia. As relacións de poder. A opresión. O racismo. A desigualdade crecente. A regresión en dereitos e liberdades. Todo isto conforma o desacougante fondo da obra de Ramón Caride. Fantasía e ciencia-ficción.

Manuel Portas: «As da miña novela son historias de amor cun pano de fondo que é a historia de amor ao país»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao escritor Manuel Portas sobre a súa novela Amor en alpargatas.

A experiencia transformadora: «oso, mamá, si?», de María Lado. Comentario de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección  Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre o poemario oso, mamá, si?, de María Lado.

Mercedes Leobalde: «Os de “Funambulistas” son relatos de personaxes que andan pola corda frouxa»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias á escritora Mercedes Leobalde, gañadora do Premio Ánxel Fole co libro de relatos Funambulista.

A riqueza da oralidade: «Antípodas» de Xosé Vázquez Pintor. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor.   «Antípodas» e a reinvidicación do idioma Cun impresionante alalá a cantora Begoña Lorenzo abriu a presentación de Antípodas de Xosé Vázquez Pintor que onte organizou o Ateneo de Pontevedra.

Moi recomendable: «Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll», de Javier Domínguez. Crítica de Arcadio Rodríguez en Metalcry.com

A revista Metalcry.com publicou unha recensión crítica de Arcadio Rodríguez sobre Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez publicado na colección Extramuros.   LOS SUAVES – MI CASA ES EL ROCK ‘N’ ROLL (LIBRO) «El 9 de abril se producía en la discoteca Long Play el debut oficial de Los Suaves.