Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2015

Presentación en Vigo de “Medo político e control social na retagarda franquista” de Lucio Martínez Pereda

O mércores, 11 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Medo político e control social na retagarda franquista de Lucio Martínez Pereda. No acto participarán Ramón Nicolás, Manuel Bragado e Lucio Martínez Pereda.

Crítica de Rodríguez Alonso sobre «Amor en alpargatas», de Manuel Portas

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre  Amor en alpargatas, de Manuel Portas.

Dúas novelas que só poderían ser escritas en Galicia: «Cuarto minguante» e «Amor en alpargatas». Artigo de Alfredo Conde

O escritor Alfredo Conde publicou un artigo en El Correo Gallego no que fala de dúas novelas publicadas recentemente por Xerais: Cuarto minguante, de Bautista Álvarez e Amor en alpargatas, de Manuel Portas.   Dúas lecturas ONTE lin dous libros que só poderían ter sido escritos en Galicia. Os dous están publicados por Edicións Xerais. Trátanse de dúas novelas.

Fran Alonso: «Os novos xeitos de control do pensamento e do comportamento, os perfís persoais e o avatar sitúannos nun plano próximo á ficción»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Fran Alonso.   Fran Alonso: máis ca un escritor… un creador   Fran Alonso (Vigo, 1963) deuse a coñecer na nosa literatura ao gañar o “Premio Blanco Amor” de novela do ano 1991 coa obra Tráiler.

Novidade: «Bieito Dubidoso», de Roque Cameselle. As aventuras dun mago

Bieito Dubidoso, de Roque Camellese, é unha novidade da colección Milmanda. Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido.

O noso lado salvaxe: «Cabalos e lobos» / Toma 1 (Book teaser). No blog de Fran P. Lorenzo

O xornalista e escritor Fran P. Lorenzo publicou no seu blog unha anotación sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014, que Xerais publicará o vindeiro mes.

A loita consigo mesma da protagonista de «Dende o conflito» de María Reimóndez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de  Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela, 2014.   «Dende o conflito» en Lila de Lilith Montse Dopico e María Reimóndez mantiveron no serán de onte unha moi interesante conversa na libraría Lila de Lilith arredor de Dende o conflito, a novela gañadora do Premio Xerais 2014.

O valor da propia voz: «As palabras poden matar», de Marcos Calveiro. Crítica de Montse Pena

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre  As palabras poden matar, de Marcos Calveiro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde, Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole

Funambulistas, de Mercedes Leobalde, é unha novidade da colección Narrativa. XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de Funambulistas. Na vida apenas hai certezas e mesmo aquelas ás que nos aferramos poden verse truncadas en calquera momento. Procuramos con teimosía a estabilidade (profesional, económica, emocional etc.

Espir as experiencias. Reportaxe no Zigzag da TVG sobre «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe, entrevistando a Carlos Callón sobre o seu poemario Atravesar o fantasma.

Presentación en Melide de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 7 de marzo, ás 19:00 horas, en Casa Alongos, Camiño Vello de Melide, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, no que tamén se presentará Cume do Avia (viños do Ribeiro de elaboración tradicional), participarán Xurxo Souto e  os poetas Antom Laia e Teresa Ramiro.

O gran narrador que é Marcos Calveiro: «As palabras poden matar», de Marcos Calveiro. Crítica de María Jesús Fernández en Criaturas

A revista Criaturas publicou unha recensión de María Jesús Fernández sobre  As palabras poden matar, de Marcos Calveiro.