Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2015

Lucio Martínez: «Filgueira Valverde tivo o poder suficiente para eliminar probas da súa importantísima colaboración coa ditadura franquista»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Lucio Martínez Pereda, sobre  Medo político e control social na retagarda franquista, unha novidade da colección Crónica. A entrevista publicouse tamén no suplemento literario ProTexta.

25 relatos breves de prosa esencial e depuradísima: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Funambulistas, o primeiro libro de narrativa de Mercedes Leobalde.   Chegou «Funambulistas» Onte comezaron a chegar ás mesas de novidades das librarías os primeiros exemplares de Funambulistas, o primeiro libro de narrativa de Mercedes Leobalde.

As cousas no seu sitio: «Historia da Literatura Galega II. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou na revista de La Región unha recensión crítica sobre o libro Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Carlos Callón: «O eros e o tánatos son esas dúas preguntas que aos seres humanos nos custa responder»

O xornal La Opinión da Coruña publicou unha entrevista de Enrique Carballo a Carlos Callón sobre o seu poemario Atravesar o fantasma.

Presentación en Sada de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 6 de marzo, ás 20:00 horas, na Capela de San Roque en Sada, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. O acto está organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

Centenario de «Vento mareiro», de Ramón Cabanillas

O pasado primeiro de marzo cumpriuse o centenario da publicación de Vento mareiro de Ramón Cabanillas, unha das figuras chave da literatura galega do século XX. Vento mareiro editouse dous anos despois de que o poeta do Salnés se dese a coñecer con No desterro (1913), o seu primeiro poemario. Publicado en 1915, Vento mareiro é o libro de poemas de referencia dese escritor que, daquela, emerxía para a literatura galega.

Xosé Vázquez Pintor: «Na sala de Urxencias, a literatura permíteche seguir a voar». Entrevista de César Lorenzo

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Xosé Vázquez Pintor sobre a súa nova novela Antípodas.   Xosé Vázquez Pintor: «Na sala de Urxencias, a literatura permíteche seguir a voar» Xosé Vázquez Pintor (Melide, 1946) é un dos nosos escritores máis apegados á terra, máis sensibles ao pouso da fala viva e as súas posibilidades para a expresión literaria.

Lirismo e compromiso social: «Dos días escuros», de Mª Carmen Caramés Gorgal

A web Adiante Galicia publicou unha información e un vídeo sobre a presentación de Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.   Carmen Caramés presentó «Dos días escuros» La escritora xalleira Mari Carmen Caramés Gorgal presentó su libro “Dos días escuros” (Xerais) en la librería Ler de Santa Comba.

As mil e unha fantasías da «Galicia Encantada», libro coordinado por Antonio Reigosa. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López.

Presentación en Verín de “Contra a morte das linguas” de Miguel Moreira Barbeito

O venres, 6 de marzo, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública de Verín, terá lugar a presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego de Miguel Moreira Barbeito. No acto participarán Miguel Losada, secretario da Sociedade antropolóxica SAGA e o autor.

Unha novela sólida e honesta: «Amor en alpargatas», de Manuel Portas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Amor en alpargatas, de Manuel Portas.

Carlos Reigosa: «A venganza do defunto é unha novela de intriga e de investigación». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Carlos G. Reigosa sobre a súa novela A vinganza do defunto.   «Quería seguir o rastro da memoria, que nos delata cando xa non podemos controlala» Un home de 90 anos, Eliseo Sandamil, encárgalle a Nivardo Castro que investigue a súa morte cando esta se produza. Porque ten inimigos que o queren morto. Xa que o pasado non perdoa. E a memoria tampouco.