Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Televisión
O xornalista Tino Santiago entrevistou no programa Zig-Zag Eirado da TVG ao escritor Xabier Quiroga sobre Zapatillas rotas, recente Premio da Crítica en Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela Amor en alpargatas, de Manuel Portas.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Blogs, Narrativa, Premios, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación en Compostela da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014, así como outra anotación da presentación en Redondela, concello que xestionou a convocatoria do Premio Blanco Amor 2015.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Blogs, Fóra de Xogo, Xuvenil
O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre A neve interminable, a nova novela de Agustín Fernández Paz.
A neve interminable
Volve o prezado mestre Agustín Fernández Paz a darlle unha volta a esa vida de misterio da que tanto goza con este novo libro A neve interminable que publica Xerais, un libro que contrúe unha ponte co famosísimo e súper-lido Cartas de inverno, publicado en 1995.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Críticas, Poesía, Premios
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2014.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Radio, Xuvenil
RN5 de Pontevedra emitiu unha entrevista a Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Crónica, Letras_galegas, Presentacións
O luns, 4 de maio, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5, terá lugar a presentación do libro Xosé Filguera Valverde. Biografía intelectual de Xesús Alonso Montero.
No acto, no que tamén se presentará o libro Filgueira Valverde.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Blogs, Infantil, Merlín, Xuvenil
O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre O corazón da maxia, de Xavier Estévez, e Rubicundo, de María Canosa.
Dous libros para lectores a partir de 9 e 11 anos
Rubicundo de María Canosa, vai dirixido aos máis pequenos.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2015 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, LibroX, Narrativa, Presentacións, Sinatura
Do 1 ao 10 de maio, na Alameda, terá lugar a Feira do Libro de Compostela na que Xerais ten organizado os seguintes actos:
1 de maio, venres: Inauguración e lectura do Pregón a cargo de Manuel Portas. O autor asinará exemplares das súas obras.
3 de maio, domingo 20:00 h.: Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios
Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela. (Foto de Fernando Blanco).
Fran P. Lorenzo: «O máis grave da represión é que chegue a eliminar a posibilidade de imaxinar unha vida distinta»
Di Fran P. Lorenzo que quixo xuntar a novela rosa cunha historia de amor gai.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2015 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Sin categoría
O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Elena Gallego sobre os seus libros da serie Dragal.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2015 nas categorías Crónica, Entrevistas, Premios
O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista coa profesora Ana Acuña, que acaba de recibir o Premio Losada Diéguez no apartado de Investigación pola súa obra Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000).
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
O xornal Faro de Vigo tamén publicou unha información ao respecto, que se pode ler ou descargar nestoutra ligazón.
Ler máis →