Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2015

Un punto de inflexión: «Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual», de Xesús Alonso Montero

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación de Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual, de Xesús Alonso Montero.   Biografía intelectual No Museo de Pontevedra presentamos onte Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual de Xesús Alonso Montero.

Premios Losada Diéguez: De Compostela a Madrid con Diego Ameixeiras e Ana Acuña

O xornal La Región publicou unha páxina sobre a concesión dos premios Losada Diéguez á novela Conduce rápido, do escritor Diego Ameixeiras, na categoría de Lteratura, e ao libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña, na categoría de Investigación. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O Losada Diéguez premia a Compostela contemporánea e o relato do exilio madrileño. Entrevista cos autores no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní aos gañadores da 30 edición do Premio Antón Losada Diéguez: Diego Ameixeiras, pola súa novela Conduce rápido, e Ana Acuña, polo seu libro de investigación Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000).

Xosé Ramón Pena: «É absoluta falacia que a galega sexa unha literatura local e só lírica»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Fernando Franco sobre a presentación da Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Sira e o robot», de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira Fociños. Un libro singular ao estilo dos musicais clásicos para ler e escoitar

Sira e o robot (adventures on Titan) de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira Fociños é unha novidade moi singular de Xerais para esta primavera. Está ilustrado por Iván Sende. Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música.

Relato simbólico de arrecendo crítico sobre o mundo actual: «As palabras poden matar», de Marcos Calveiro

O Diario de Arousa publicou unha recensión sobre As palabras poden matar, de Marcos Calveiro. A recensión pode lerse ou descargase nesta ligazón.

Diego Ameixeiras e Ana Acuña, premios Losada Diéguez

A novela Conduce rápido, do escritor Diego Ameixeiras, publicada na colección Narrativa de Xerais, e o libro de investigación Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña, publicada na colección Crónica de Xerais, son os títulos gañadores da 30 edición do Premio Antón Losada Diéguez que se fallou este sábado no Carballiño.

«Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, a novela que golpea o corazón dos lectores

O xornal El Correo Gallego publicou unha información sobre a presentación en Vigo da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014. A información pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.

Lectura apaixonante: «Galicia Encantada», coordinado por Antonio Reigosa. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre o libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.     Galicia Encantada. O País das mil e unha fantasías Antonio Reigosa lévanos polo mundo da fantasía popular neste libro que publica Xerais: Galicia Encantada.

Moi útil a súa lectura: «De cristal», de Silvestre Gómez Xurxo. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo.

Xosé Ramón Pena: «A literatura galega nunca viviu allea a Europa»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación de Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena.     Unha literatura europea Xosé Ramón Pena presentou onte o segundo volume da súa Historia da Literatura Galega pronunciando unha conferencia no Club Faro de Vigo sobre «Mitos e realidades arredor da literatura galega».

Presentación en Santiago de “Cabalos e lobos” de Fran P. Lorenzo

O martes, 28 de abril, ás 20:00 horas, no restaurante Resas, rúa da Algalia de Abaixo, 33 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo (XXXII PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA). No acto, organizado polo restaurantes Resas e Xerais, participarán Belén Regueira, Fran P. Lorenzo e Manuel Bragado.