Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2015

Un convite para soñar: «Rubicundo», de María Canosa. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre Rubicundo, de María Canosa, libro finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.     Un convite para voar, Rubicundo Hoxe presentamos unha obra á que lle temos moito cariño no souto.

Contra os abismos, resiliencia: «Antípodas», de Xosé Vázquez Pintor. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor.     Contra os abismos, resiliencia Vázquez Pintor, nun fragoso exercicio creativo, ofrece en «Antípodas» unha novela singular e altamente innovadora, arredor dun espazo territorial e dun neno da inclusa que gaña a complicidade de quen vai coñecendo como é.

Agustín Fernández Paz: «Os ecos de tantas páxinas de banda deseñada andan polos meus libros»

Praza Pública publicou unha entrevista de Eduardo Maroño a Agustín Fernández Paz centrada na Banda Deseñada.   «Os ecos de tantas páxinas de BD andan polos meus libros»  A banda deseñada galega atópase no que probablemente sexa o mellor momento da súa historia.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Funambulistas», de Mercedes Leobalde

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Funambulistas, de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A superficie dos lindes. Crítica de Inma Otero Varela sobre «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

Inma Otero Varela publicou en Sermos Galiza unha recensión crítica sobre Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Redondela de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O martes, 7 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela -dentro da VII Semana do Libro de Redondela-, Xurxo Souto realizará unha nova sesión de “Océano para terrícolas”, unha presentación musical de Contos do mar de Irlanda.

Libros de Xerais finalistas nos Premios AELG

Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística.

Mª Carmen Caramés Gorgal: «Toda violencia de xénero comeza nunha relación afectiva e ese é o comezo do meu poemario»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias á escritora Mª Carmen Caramés Gorgal sobre o seu poemario Dos días escuros, XVII Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.

«Funambulistas, «Atravesar o fantasma», «O Miño. Un caudal de historia» e «O veleno da risa», libros máis vendidos en marzo

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de febreiro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Funambulistas, de Mercedes Leobalde, é o libro máis vendido no  ámbito de Narrativa; Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, en Poesía; O Miño.

Novos títulos de Astérix en galego

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os novos títulos de Astérix en galego que publicará Xerais proximamente.     Novos títulos de Astérix en galego Na feira do libro de Boloña anunciouse onte o título do que será o triséximo sexto álbum de Astérix, O papiro de César, que aparecerá en todo o mundo o 22 de outubro de 2015 e será publicado en galego por Xerais.

A reconstrución da memoria familiar con humor mordaz: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.

Álex Alonso premio Ánxel Fole 2015 por «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food»

Álex Alonso premio Ánxel Fole 2015 por «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o fallo do Premio Ánxel Fole 2015, que publica Xerais e que nesta ocasión recaeu en Álex Alonso polo libro de relatos Tempos de bebidas isotónicas e fast-food.